Decreto 214/2006, do 2 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de acondicionamento da estrada OU-901 Cea-límite provincia-A Barrela (N-540), treito: A Grela-límite provincia. (Clave OU/04/123.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 17 de outubro de 2006, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de trazado da obra de acondicionamento da estrada OU-901 Cea-límite provincia-A Barrela (N-540), treito: A Grela-límite provincia. Clave: OU/04/123.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria. Esta estrada OU-901 entre Cea e o límite das provincias de Lugo e Ourense constitúe o eixe de comunicación natural entre os núcleos do Carballiño (Ourense) e Chantada (Lugo). Non obstante o seu actual trazado excesivamente sinuoso fai que os usuarios teñan que utilizar outros itinerarios de maior lonxitude. É urxente corrixir esta situación acondicionando a OU-901 para dotala dunha estrutura adecuada tanto de trazado como de seguridade...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR