Decreto 189/2005, do 23 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado acondicionamento da estrada PO-401. Treito: Filgueira-límite provincia. Clave: PO/01/077.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 20 de xaneiro de 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado acondicionamento da estrada PO-401. Treito: Filgueira-límite provincia. Clave: PO/01/077.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, posto que o trazado existente é moi sinuoso, con calzada estreita e pouca visibilidade, o que representa un gran perigo para os vehículos que circulan por ela.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR