Decreto 127/2004, do 10 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da AC-550 Cee-Ribeira, treito: Muros-Noia, subtreito: Muros-límite municipal A Serra de Outes. (Clave AC/03/005.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 25 de maio de 2004, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da AC-550 Cee-Ribeira, treito: Muros-Noia, subtreito: Muros-límite municipal A Serra de Outes (clave: AC/03/005.01).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, toda vez que os usuarios poderán utilizar para os seus desprazamentos unha vía con parámetros e características que melloran as súas condicións de circulación e, ao mesmo tempo, con tal actuación conséguese avanzar no cumprimento dos obxetivos do Plan de Dinamización Económica-Plan Galicia aprobado polo Consello da Xunta de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR