Decreto 59/2004, do 11 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da autoestrada de peaxe Santiago-Ourense (A-53), treito: Alto de Santo Domingo-A-52. (Clave: OU/03/042.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante Decreto 254/2003, do 24 de abril, en cumprimento do disposto na disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, creouse a Sociedade Pública Autoestrada Alto Santo Domingo-Ourense, S.A., co obxecto de levar a cabo as actividades de construción, explotación e conservación do treito Alto de Santo Domingo-Ourense da autoestrada A-53, Santiago de Compostela-Ourense, cos puntos de orixe e fin, localizacións de enlaces, ramais, área de servizo e estacións de cobro previstos no proxecto de trazado da obra autoestrada de peaxe Santiago-Ourense (A-53), treito: Alto de Santo Domingo-A-52. (Clave: OU/03/042.1).

Para a construción da dita autoestrada, a Sociedade Pública Autoestrada Alto Santo Domingo-Ourense, S.A., precisa dispoñer dos terreos necesarios para

a execución das obras comprendidas no proxecto de trazado anteriormente mencionado, o cal foi aprobado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de agosto de 2003 coa clave: OU/03/042.1.

De conformidade co artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos correspondentes aos fins de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto de trazado, o cal, no seu momento, foi sometido a información pública.

A declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras comprendidas no proxecto técnico sinalado, considérase necesaria para completar o eixe viario que une Santiago de Compostela e Ourense, fundamental para equilibrar internamente o sistema viario da nosa comunidade, unha vez executada a primeira fase da citada autoestrada ata o Alto de Santo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR