Decreto 202/2008, do 4 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531. Clave PO/02/199.01.2.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de agosto de 2008 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531. Clave: PO/02/199.01.2.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, xa que a posta en servizo en xullo de 2008 da autovía do Salnés produce nese punto concreto un cambio de sección, pasando de catro carrís a dous, polo que é necesario dotar ese enlace dunha maior capacidade e reordenar o tráfico procedente de Sanxenxo.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR