Decreto 57/2006, do 9 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra de acondicionamento da estrada LU-651 Quiroga-Seoane do Courel. Treito: Quiroga-Folgoso do Courel. Clave LU/01/087.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de setembro de 2004 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra de acondicionamento da estrada LU-651 Quiroga-Seoane do Courel. Treito: Quiroga-Folgoso do Courel. Clave: LU/01/087.01.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa especial incidencia tanto na seguridade viaria como no desenvolvemento económico da zona. O acondicionamento desta estrada facilitará a circulación dos camións dedicados ao transporte de lousa, principal industrial da zona, que actualmente transitan por unha estrada moi estreita e sinuosa.

En virtude de todo o exposto e en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR