Decreto 62/2006, do 30 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de adecuación do ramal de incorporación para conectar a V.G.-4.3. Cambados-Vilagarcía de Arousa co novo acceso ao porto de Vilagarcía de Arousa. Clave PO/04/017.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 12 de decembro de 2005 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción de adecuación do ramal de incorporación para conectar a V.G.-4.3. Cambados-Vilagarcía de Arousa co novo acceso ao porto de Vilagarcía de Arousa. Clave: PO/04/017.01.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade viaria. Xa que a actuación proxectada é unha alternativa ao actual camiño estreito e sen beirarrúas que discorre entre vivendas e que une a V.G.-4.3. Cambados-Vilagarcía de Arousa e o acceso ao novo porto de Vilagarcía de Arousa. O citado acceso estao a realizar o Ministerio de Fomento e é preciso que as obras no ramal de incorporación rematen antes para evitar o forte paso de tráfico polo camiño actual.

En virtude de todo o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR