Decreto 45/2005, do 4 de marzo, polo que se establecen medidas sobre a utilización de moedas no funcionamento das máquinas recreativas tipo B.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora de xogos e apostas de Galicia, relativa ao xogo desenvolvido mediante máquinas recreativas e de azar así como a outras actividades relacionadas con el que se realicen no ámbito da nosa comunidade autónoma, inclúe no seu articulado a definición de máquina recreativa e o relativo ao seu réxime de explotación.

Esta materia foi obxecto de desenvolvemento, ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda da lei, polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar. Este decreto puxo fin á dispersión normativa orixinada desde o ano 1986, ano en que se aproba o anterior regulamento de máquinas recreativas seguido da aprobación de múltiples disposicións modificativas e complementarias que non facían máis que crear unha situación de inseguridade xurídica.

A implantación do euro como moeda única europea a partir do 1 de xaneiro de 2002 supuxo a desaparición das fraccións monetarias correspondentes a múltiplos de 5 e a instauración dun modelo baseado en múltiplos de 10, unha vez superada a fracción de 5 céntimos. A desaparición das moedas con valor de 25 pesetas é fundamental para un sector no que o precio da partida era precisamente esta fracción. Estes cambios nas fraccións da moeda e a aparición das fraccións de 10 céntimos e 20 céntimos respectivamente determinaron a necesidade de adoptar certos criterios de harmonización normativa. Así mediante Acordo da Conferencia Sectorial do Xogo do 5 de maio de 1999, publicado mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio do Interior no Boletín Oficial del Estado, número 160, do 14 de xuño de 1999, adóptanse, entre outros, unha serie de criterios, referidos fundamentalmente a procesos de homologación de máquinas recreativas de tipo B, tales como que o prezo da partida normal sexa de vinte céntimos ou de corenta céntimos para partidas múltiples ou simultáneas ou como que nos supostos de introducir moedas de cincuenta céntimos, a máquina deba devolver os 10 ou 30 céntimos restantes, segundo se opte por unha partida normal ou unha múltiple ou simultánea.

Non obstante, veuse apreciando que o funcionamento das máquinas de tipo B adaptadas para a súa utilización con moedas fraccionarias de euro soportan constantes problemas técnicos, dado que ao se ter que destinar un dos depósitos internos de moedas para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR