Resolución do 6 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico do Vieiro, nos concellos de Bande e Verea (Ourense) promovido pola empresa Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. (Expediente IN661 04/5-3 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 28 de marzo de 2007, relativa ao proxecto do parque eólico do Vieiro, nos concellos de Bande e Verea (Ourense), promovido pola empresa Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2007.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 28 de marzo de 2007, relativa ao proxecto do parque eólico do Vieiro, nos concellos de Bande e Verea (Ourense), promovido pola empresa Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. (Clave 2005/0487).

Antecedentes.

Por solicitude da empresa Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A., a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Ourense iniciou o procedemento de autorización administrativa do proxecto de execución dun parque eólico de 20,4 MW de potencia total nos concellos de Bande e Verea (Ourense), composto por 24 aeroxeradores de 850 kW de potencia nominal unitaria.

Dentro do referido procedemento de autorización administrativa considerouse o proxecto, que está recollido no anexo II do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (modificado polas leis 6/2001, do 8 de maio, 9/2006, do 28 de abril, e 27/2006, do 18 de xullo), como sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

No anexo I resúmense as características básicas do proxecto e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada.

Mediante Resolución do 30 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense da entón Consellería de Innovación, Industria e Comercio (publicada no DOG nº 233, do 30 de novembro de 2004), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións que comprende o referido parque eólico, non constando a presentación de alegacións durante o período de exposición pública.

O 14 de decembro de 2005 recíbese na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón da materia, que contén os resultados de información pública e os informes das direccións xerais de Patrimonio Cultural, Conservación da Natureza, Obras Públicas, Saúde Pública e Turismo, ademais dos emitidos pola Confederación Hidrográfica do Norte.

O expediente contén, así mesmo, os documentos Proxecto parque eólico O Vieiro. Anexo de actualización e Anexo de modificación do EIA do Aarque Eólico O Vieiro. Febreiro 2005, en que se describen e valoran ambientalmente unha serie de modificacións que foi preciso introducir no proxecto a teor do descubrimento dun conxunto de xacigos arqueolóxicos na área do parque, o cal obrigou a desprazar algúns aeroxeradores e a subestación. Así mesmo, buscouse a mellor solución para a preservación dos ditos xacigos coa diminución do número de máquinas que se van instalar. No documento Avaliación de impacto arqueolóxico do parque eólico do Vieiro, Ourense. Memoria, que se presentou como separata ao estudo de impacto ambiental, téñense en conta eses cambios. No expediente constan informes sobre a dita documentación de todos os organismos consultados durante a tramitación ambiental do proxecto.

O 16 de febreiro de 2007 ten entrada, a través do órgano substantivo, un terceiro informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre o documento titulado P.E. O Vieiro. Xustificación do trazado proxectado entre os aeroxeradores 15 e 16. Marzo 2006 e sobre un escrito xustificativo do promotor do 19 de xullo de 2006, que en conxunto pretenden dar resposta a unha serie de consideracións contidas nos dous anteriores informes emitidos pola dita dirección xeral.

Cumprida a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, formula para os únicos efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto do Parque Eólico O Vieiro, nos concellos de Bande e Verea (Ourense), promovido pola empresa Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionamentos adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.

  1. Ámbito da declaración.

    Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto do Parque Eólico O Vieiro, que consiste, na súa configuración final, na instalación e explotación dun parque eólico de 20,4 MW de potencia total nos concellos de Bande e Verea (Ourense), constituído por 20 aeroxeradores (17 uds. de 850 kW de potencia unitaria e 3 de 2.000 kW) que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

    Ver referencia pdf

    A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano titulado Disposición do parque. Planta xeral, incluído no Anexo de modificación do EIA do parque eólico do Vieiro. Febreiro 2005, agás para a subestación transformadora, que se desprazará cara á zona reflectida no plano Detalle área subestación modificada incluído na Memoria de avaliación do impacto arqueolóxico do proxecto, e a vía entre os aeroxeradores 15 e 16, que se executará conforme ao plan parcial que figura no documento P.E. O Vieiro. Xustificación do trazado proxectado entre os aeroxeradores 15 e 16. Marzo 2006.

  2. Condicións xerais.

    2.1. Protección da atmosfera.

    2.1.1. Sobre o po.

    Co fin de minimizar a emisión de po á atmosfera, ademais da rega de superficies e demais medidas previstas no estudo ambiental, os camións de transporte de terras e outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar. Así mesmo, procederase ao lavado das rodas dos camións á saída da zona de obras.

    2.1.2. Sobre o ruído.

    Os niveis de presión sonora debidos á construción e funcionamento do parque eólico non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, de ser o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto.

    2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

  3. Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga (cruces de vías, gabias de cableado…), así como calquera captación ou vertedura, se é o caso, precisarán da autorización do organismo de bacía competente, neste caso, a Confederación Hidrográfica do Norte, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

  4. Non se afectarán, ou serán repostas na súa totalidade, as instalacións ou servizos de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outro amparado pola lexislación hidráulica que se poidan atopar na área de influencia das obras.

    Así mesmo, respectaranse os mananciais que puidesen existir na zona, podendo ser parcialmente encanado o seu curso para a execución das obras. De xurdir afloramentos de augas subterráneas, serán conducidos a ceo aberto (sempre que as obras definitivas o permitan) cara ás correntes superficiais máis próximas.

  5. Evitarase modificar o actual réxime hidrolóxico da zona, permitindo a libre circulación das augas, polo que na rede viaria do parque se deberán dispoñer as estruturas de drenaxe transversal necesarias para iso, dimensionándoas de xeito que se evite o efecto presa en épocas de máxima precipitación.

    A incorporación das augas de drenaxe cara á rede hidrográfica deberá ser gradual, polo que á saída das drenaxes transversais e nos puntos onde a auga dos foxos se incorpore ao terreo, así como nos tramos de foxo en zonas de elevada pendente, disporanse sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais.

    Tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un control do correcto funcionamento do sistema de drenaxe do parque, dos dispositivos de disipación de enerxía e das condicións de incorporación das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR