Decreto 109/2004, do 27 de maio, de modificación do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, estableceu a nova estrutura orgánica da Xunta, desenvolvida posteriormente polos decretos de estruturas orgánicas das distintas consellerías.

Esta novas estruturas fan necesario adaptar a composición dos distintos órganos establecidos no Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

Por todo isto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de maio de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo primeiro Dáselle nova redacción aos artigos do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil que de seguido se relacionan:
Artigo 8º.2

2. O Pleno da Comisión Galega de Protección Civil estará composto por:

a) Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

b) Vicepresidente: o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

c) Vogais:

-Representantes da Xunta de Galicia: os directores xerais de Interior e Protección Civil; de Organización e Sistemas Informáticos; de Obras Públicas; de Transportes; de Centros e Inspección Educativa; de Industria, Enerxía e Minas; de Comunicación Social e Audiovisual; de Saúde Pública; da División de Asistencia Sanitaria; de Administración Local; de Relacións Laborais; de Montes e Industrias Forestais; de Voluntariado, do organismo autónomo Augas de Galicia e o subdirector xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

-Representantes da Administración local: un deputado representante de cada deputación provincial de Galicia, nomeado polo correspondente pleno; os alcaldes dos concellos da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, ou concelleiros nos que deleguen, e catro representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

-Representantes da Administración do Estado: tres representantes nomeados polo delegado de Goberno en Galicia.

-Un representante das asociacións e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, nomeado polos presidentes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Un representante dos parques de bombeiros.

-O presidente da Cruz Vermella en Galicia.

d) Secretario: o subdirector xeral de Protección Civil.

No suposto de suplencia, no ámbito da Xunta de Galicia deberá ser levada a cabo por persoal con cargo de subdirector xeral ou equivalente

.

Artigo 9º.3

3. A Comisión Permanente estará composta por:

a) Presidente: o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Vicepresidente: o director xeral de Interior e Protección Civil.

c) Vocais: cinco representantes da Administración autonómica e dous representantes da Administración xeral do Estado, nomeados de entre os seus membros pola Comisión Galega de Protección Civil; dous representantes da Administración local nomeados pola súa representación no Pleno da Comisión Galega de Protección Civil; o representante das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o representante dos parques de bombeiros que son membros do Pleno da Comisión Galega de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR