Resolución do 15 de xaneiro de 2010 pola que se convoca concurso de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios (DF1004).

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE VIGO
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 421/2003, do 13 de novembro (BOE do 14 de xaneiro de 2004) da Xunta de Galicia,

Esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a praza (DF1004) que figura no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria

Primeira.-Normas xerais.

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), os estatutos da Universidade de Vigo, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008 e, no non previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.

2.1. Para seren admitidos/as á realización destas probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

  1. Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

    Tamén poderán participar o cónxuxe descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que, non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificados por España.

    Igualmente poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superados os setenta.

  3. Estar acreditado para o corpo docente universitario de que se trate, cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA e non estar incursos na prohibición do punto 4º do artigo 9 do mesmo RDCA.

  4. Ter aboadas as taxas por dereitos de exame.

  5. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa aespañola deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

  6. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

    Terceira.-Solicitudes.

    3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

    3.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral (reitoría, Campus Universitario, 36310 Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86 de Vigo) ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    Os dereitos de exame serán de 40, 54 euros e ingresaranse na conta corrente 2091 0501 64 3110000201, Caixa Galicia, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e os apelidos do/a interesado/a, referencia, corpo e área da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

    Os dereitos de exame seranlles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR