Resolución do 29 de xaneiro de 2007 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa, da actividade docente e investigadora, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Coa aprobación da Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, segundo a redacción dada pola Orde do 11 de abril de 2006 (DOG do 8 de maio) complétase o sistema para avaliar ou emitir informe das actividades docentes e investigadoras, previas á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento do labor docente e investigador dos profesores pertencentes ao sistema universitario de Galicia.

Nesta orde disponse que, a través do Consello de Dirección da ACSUG, se poderán realizar ata dúas convocatorias de valoración previa á asignación dos complementos retributivos. Do mesmo xeito, establécese que en cada convocatoria se establecerá a data concreta en que os solicitantes deberán ter cumprido o requisito establecido no artigo 6, números 1º.3 e 2º.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo.

Por Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da ACSUG, de delegación de competencias no seu presidente e no director da axencia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeira.-Obxecto.

Aprobar a convocatoria ordinaria, e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións individuais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e o complemento de recoñecemento ao labor investigador, establecidos, respectivamente, no artigo 2.1º e 2.2º, do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda.-Destinatarios.

  1. De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais

    docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar esta valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o sistema universitario de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR