Decreto 8/2004, do 8 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 300/2002, do 24 de outubro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 300/2002, do 24 de outubro, publicado no DOG do día 8 de novembro, crea e regula o Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

O Consello nace coa vontade de crear, coa colaboración de tódolos organismos nel representados, un foro cualificado de encontro e debate a través do cal as persoas con discapacidade poidan facer efectivo o seu dereito a ter unha participación activa na elaboración, programación e planificación das actuacións dirixidas ó recoñecemento social e á integración laboral deste colectivo. Configúrase así o consello como un órgano sectorial e especializado de carácter consultivo, que, en colaboración e harmonía co Consello Galego de Servicios Sociais, deberá servir de canalizador das propostas das persoas con discapacidade ante as administracións públicas galegas.

Esta condición de órgano sectorial especializado esixe regula-los mecanismos que permitan garantir no seu seo unha representación que reflicta, do xeito máis exacto posible, a realidade plural do sector, tanto no que atinxe ás tipoloxías de discapacidade -non só das básicas, senón tamén daquelas que, dentro de cada unha delas, reúnen unhas condicións específicas salientables- como o que se refire ó número global de persoas afectadas por cada unha das referidas tipoloxías.

A satisfactoria consecución do primeiro obxectivo esixe, por unha banda, a apertura do espectro de realidades abranguida polo sector, dando cabida, tanto no consello como na comisión permanente, ós representantes dos enfermos mentais, en tanto patoloxía específica que non pode, de ningún xeito, quedar subsumida nunha xenérica referencia ás persoas con discapacidade psíquica; por outra, cómpre artella-los mecanismos precisos para que esa garantía de pluralidade de patoloxías representadas se estenda á comisión permanente, orfa ata o de agora de regulación ó respecto.

Ademais, a representación outorgada no decreto non supón a máis axeitada traslación da preeminencia cuantitativa que ten na actualidade a discapacidade física sobre as demais. O censo de persoas con discapacidade, obtido a partir dos datos das seccións de cualificación, contén na actualidade información sobre 182.490 persoas que padecen algún tipo de discapacidade, coa seguinte distribución tipolóxica: 105.429 sofren unha discapacidade física (58%), 52.090...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR