Resolución do 17 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A., con nº de código 3602622, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 21-12-2004, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 9-9-2004, de conformidade co disposto no artigo

90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito territorial.

Este convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A. e os seus traballadores adscritos ao centro de traballo sito en Chapela-Redondela.

Artigo 2º Ámbito persoal.

Este convenio colectivo abrangue todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen aos respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2004 cun período de duración ata o 31-12-2004, e será denunciado por escrito, polo menos cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º Determinación das partes que o concertan.

Este convenio colectivo concertase entre Pescanova Chapela, S.A., representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera, José Fafián Seijo, Francisco Taboada Costas e o comité de empresa dela, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.

Artigo 5º Condicións máis beneficiosas.

Todas as condicións económicas establecidas neste convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia do convenio e por disposicións legais puidesen establecerse.

Agás o especificado no artigo 23º deste convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ao convenio viñese desfrutando dalgún ou dalgunhas condicións máis beneficiosas, deberán conservalas.

Artigo 6º Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: o mesmo número de representantes designados pola empresa.

No caso de que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdición laboral competente.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan aos representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicarase ao comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º Contratación temporal.

Poderanse efectuar contratacións temporais segundo as modalidades previstas no artigo 15 do ET e disposicións de carácter xeral, cumprindo os requisitos e formalidades contidas nesa normativa.

Polo que se refire ao contrato temporal derivado das circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, será de aplicación o disposto no convenio colectivo de ámbito estatal para á industria de conservas, no que se refire á súa duración máxima, que será de 9 meses nun período de 12.

En canto aos contratos temporais para a realización dunha obra ou servizos determinados, consideraranse como traballos que poidan cubrirse con contratos desta natureza, entre outros, os seguintes:

* Construción, ampliación, rehabilitación e reparación de obras en xeral.

* Montaxe, posta en marcha e reparación de maquinaria e equipamentos; instalación.

* Actividades relativas a procesos organizativos industriais, comerciais, administrativos e de servizos, tales como:

-Centralización, agrupación de tarefas dispersas.

-Control de calidade.

-Investigación e desenvolvemento.

-Novo produto ou servizo.

-Apertura de novos mercados.

-Implantación, modificación ou substitución de sistemas informáticos, contables, administrativos e de xestión.

-Outras actividades que por analoxía sexan equiparables ás anteriores.

-A duración deste contrato será a das obras ou servizos que o xustifiquen pero se, transcorridos dous anos, o traballador se consolidase por calquera das causas descritas, transformarase o seu contrato en indefinido.

A subcontratación de obras e servizos poderá realizarse nos termos previstos no artigo 42 do ET pero sempre que teña plena ocupación todo o persoal fixo da empresa.

Artigo 10º Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ao contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo, ou por calqueira tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato para a formación:

-Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

-Prórroga: mínima de 6 meses.

-Idade: de 16 a 21 anos.

-Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

-Titor: cada dous traballadores como máximo terán un titor, que teña como mínimo o nivel de cualificación a adquirir polo traballador.

Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio, e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superá o 5% do persoal fixo.

Artigo 11º Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 14º deste convenio, en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedendo lles o emprego, en todo caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores aos doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informar o comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, darase difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará, consonte o establecido no artigo 9º, no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 12º Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisorio durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, consonte a seguinte escala:

-Técnicos titulados: seis meses.

-Titulados grao superior, contrato prácticas: dous meses.

-Titulados grao medio, contrato prácticas: un mes.

-Contratos de aprendizaxe: quince días.

-Resto do persoal: quince...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR