Decreto 2/2007, do 10 de xaneiro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun inmoble feita polo Concello de Bande á Comunidade Autónoma de Galicia, con destino á construción dun xulgado.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno do Concello de Bande, en sesión do 7 de xullo de 2006, acordou ceder, a título gratuíto, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, un terreo para a construción dun edificio destinado a xulgado.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión a título gratuíto nos termos establecidos polo Concello de Bande, dun terreo que se describe como segue segundo rexistro:

Parcela urbana situada no Concello de Bande, na rúa Alférez Provisional, 33, de Bande (número 27 segundo rexistro), dunha superficie de 665 m que linda: norte, estrada OU-411, Bande-Condado; sur, río Badella; leste, Antonio García Quintas e outros bens de propiedade comunal; oeste, camiño de baixada ao río Badella.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Bande, no tomo 308, libro 73, folio 63, predio 10.504.

Referencia catastral: 4641504NG8544S0001XY.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a construción dun edificio para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Bande.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR