Resolución do 24 de xaneiro de 2008 pola que se convocan cursos para o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2008 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2º da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo.

RESOLVO:

Convocar os cursos de formación para persoal ao servizo das entidades locais de Galicia correspondentes ao primeiro semestre do ano 2008 cuxas bases, características e contido son detallados nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2008.

Antonio Izquierdo Escribano,

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

  1. -Requisitos dos participantes.

    Poderán participar nas accións formativas convocadas por esta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración local de Galicia que se atopan en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada un dos casos no anexo II. No caso dos funcionarios con habilitación de carácter estatal a situación de expectativa de destino equiparáse para estes efectos á de servizo activo pero terán preferencia os funcionarios que se atopen nesta última situación fronte aos primeiros.

    Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

  2. -Acceso ás actividades, datas e lugares de realización.

    Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para cada curso no anexo II. A participación nos cursos que teñan lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.

    Os cursos realizaranse coa duración e condicións que para cada un deles se indican no anexo II. A información será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP, ‹http://egap.xunta.es›.

    Esta convocatoria estrutúrase en accións formativas de carácter xeral e específicas, referidas todas elas ás seguintes áreas: dirección e xerencia pública, economía e finanzas, recursos humanos, recursos materiais e tecnolóxicos, procesos de traballo, normativa e organización autonómica, específicas do sector competencial, idioma, coñecementos transversais e outros. As accións formativas de carácter xeral teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizar funcións e tarefas en calquera posto de traballo ao longo da súa carreira profesional. Correspóndese con funcións, coñecementos e habilidades que son xenéricas e constitúen as bases da organización e funcionamento da Administración. As accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades formativas cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo que se desempeña e que inclúen contidos basicamente sectoriais que afectan competencias específicas.

  3. -Solicitudes.

    1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP ‹http://egap.xunta.es›, de acordo co disposto na base 4ª desta resolución, e non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para enviar mensaxes aos candidatos.

    2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

    3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecidos na letra a) anterior ou sexan presentadas fóra de prazo.

    4. As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

      -Ordenador con conexión á internet.

      -Calquera navegador web co plugin de flash.

      -Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

    5. As solicitudes cubertas adecuadamente de acordo coa base 4ª entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matrícula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, poderán remitirlle á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 30 ou correo electrónico ao enderezo ‹local.egap@xunta.es› , sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    6. Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de se encontraren varias solicitudes dunha mesma persoa só serán considerados os datos achegados a través da internet.

    7. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2008.

    8. O número máximo de cursos en que se pode solicitar participar nesta convocatoria limítase a cinco.

    9. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas.

  4. -Formulario normalizado de solicitude.

    1. Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da aplicación informática de matrícula en liña da Escola Galega de Administración Pública, que poden encontrar no enderezo da internet ‹http://egap.xunta.es/matricula›.

    2. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

    3. Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización dos prazos de presentación de solicitudes.

    4. En caso de dúbida, dificultades...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR