Resolución do 12 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Rango de LeyResolución

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con persoalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura e Deporte. A axencia substitúe o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), creado, por Lei 4/1989, do 21 de abril, modificada posteriormente pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. O obxectivo da axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.

As liñas de actuación do IGAEM prestaban unha especial atención ao apoio e ao crecemento e consolidación das empresas de artes escénicas e musicais e á constitución dun mercado amplo e dinámico. O marco regulador das medidas de apoio á actividade escénica e musical caracterizábase pola potenciación das políticas públicas de fomento das artes escénicas e musicais, a apertura das convocatorias de subvencións ás empresas e creadores do ámbito da música e a danza, o tratamento do teatro e do conxunto das artes escénicas como industria cultural, a valoración especial da creación de autores galegos actuais e o apoio á distribución exterior da produción escénica e musical. A convocatoria de axudas e subvencións correspondente ao exercicio 2008 supuxo a posta en marcha dalgunhas medidas que anticipaban os instrumentos de apoio ás empresas culturais propios da Axencia Galega de Industrias Culturais, como o Programa crédito-cultura.

Coa convocatoria de subvencións ao sector escénico e musical para o exercicio 2009 a Axencia Galega de Industrias Culturais dá continuidade ao marco de apoio ao sector establecido no ano 2006. Esta continuidade resulta compatible coa profundización naquelas medidas que contribúen a unha maior potenciación da industria escénica e musical galega. Entre estas propostas de mellora pódense destacar as seguintes:

  1. A aplicación transversal a todas as disciplinas artísticas dunha parte da oferta de programas que se estaban a desenvolver para o sector das artes escénicas e musicais e que pasan a dar servizo a outros sectores como os das artes visuais e o libro.

  2. A continuidade do esforzo orzamentario en materia de políticas de apoio ás industrias culturais no sector escénico e musical, cun incremento nas dotacións das axudas á actividade escénica do 18%, pasando de 1.240.000 euros a 1.450.000 euros. Este incremento, que supera os obxectivos establecidos para o exercicio 2009 no Plan Galego das Artes Escénicas, supón multiplicar por tres as dotacións orzamentarias existentes para axudas á produción no exercicio 2005.

  3. A posta en marcha do Programa compañías residentes, encamiñado a facilitar de forma progresiva a estabilidade das estruturas produtivas e a súa fixación a espazos escénicos.

  4. A introdución de criterios de discriminación positiva na baremación dos proxectos escénicos obxecto de apoio pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

    Por outra banda, suprímense as modalidades de subvencións ás dotacións e investimentos para a Rede Galega de Teatros e Auditorios, que pasan a ser xestionadas pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

    Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado CE ás axudas de minimis. Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución das solicitudes de subvención.

    Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o exercicio 2009, de acordo coas seguintes bases:

    Capítulo I

    Ámbito e réxime das subvencións

    Primeira.-Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación.

  5. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases, en réxime de concorrencia competitiva, que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, dentro do marco das competencias deste organismo; procedéndose á súa convocatoria para o presente ano 2009.

  6. Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro de 2006). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución das solicitudes de subvención.

    As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto na Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto autonómico 287/2000, do 21 de novembro, en canto non estea expresamente derrogado e non se opoña ao estipulado na Lei de subvencións de Galicia; e con carácter supletorio, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

  7. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

    1. Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

    2. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

    3. Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

    Segunda.-Beneficiarios.

  8. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran cos requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención, así como os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

  9. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursos en tales circunstancias, consonte co modelo establecido no anexo II desta convocatoria.

    Capítulo II

    Modalidades de axuda: normas xerais

    Terceira.-Réxime regulador, modalidades de axuda, imputación de créditos e contía de cada modalidade.

  10. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase a través do réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de valoración fixados nesta convocatoria para cada tipo ou modalidade de axuda, coas salvidades establecidas nos capítulos respectivos das modalidades B e D, así como na modalidade A2 (subvencións a compañías residentes) e as subvencións para a continuidade da actividade escénica (modalidade A), relativas ao procedemento recollido no artigo 19.2º da Lei de subvencións de Galicia.

  11. As subvencións convocadas imputaranse con cargo ao crédito que se sinala e a súa concesión estará suxeita á existencia de crédito axeitado e suficiente. O seu pagamento financiarase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que se determinen logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio correspondente.

  12. As modalidades de subvención que comprende a esta convocatoria son as que seguen:

    1. Subvencións á actividade escénica.

      a.1. Subvencións á nova creación.

      a.2. Subvencións a compañías residentes.

      a.3. Subvencións á actividade escénica no ámbito do teatro.

      a.4. Subvencións á actividade escénica no ámbito da danza.

      a.5. Subvencións á actividade escénica no ámbito da maxia.

    2. Programa crédito-cultura.

    3. Subvencións á promoción e difusión de traballos discográficos.

    4. Subvencións á distribución.

      d.1. Subvencións á distribución exterior.

      d.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución.

      d.3. Subvencións á distribución de espectáculos en feira.

    5. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

    6. Subvencións para o asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais.

  13. O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 2.275.000 euros (dous millóns douscentos setenta e cinco mil euros); suma que irá con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.A1.432B.770.0 (no suposto da modalidade A), 12.A1.432B.470.0 (no suposto das modalidades B, C, D e E), e 12.A1.432B.481.0 (no suposto da modalidade F) do exercicio de gastos da Agadic, previstos inicialmente para o vixente período orzamentario. Estas contías están recollidas na Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, teñen carácter anual e constitúen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR