Decreto 2/2009, do 8 de xaneiro, polo que se acorda a intervención administrativa da Confraría de Pescadores de Sada.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, establece no seu artigo 1.2º que as confrarías de pescadores quedan suxeitas á tutela da Administración pública galega, que será exercida a través da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

No desenvolvemento da citada norma ditouse o Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, que regula no seu artigo 3 a suxeición das confrarías á tutela da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

De acordo co informe correspondente ás contas anuais do exercicio 2007 da Confraría de Pescadores de Sada, a confraría atópase nunha situación económico-financeira de insolvencia patrimonial como consecuencia da acumulación de perdas en exercicios anteriores e a imposibilidade de xerar recursos suficientes, e o seu fondo de manobra é negativo, polo que carece de liquidez para afrontar o vencemento de todas as débedas a curto prazo. Tal situación implica un alto risco sobre a continuidade e normal funcionamento da entidade.

De conformidade co disposto polo artigo 64, alínea 3.b, do Decreto 261/2002, procederá, en todo caso, a intervención administrativa, sen necesidade de requirimento previo, cando a confraría, mediante acordo adoptado por maioría absoluta dos membros da xunta xeral, presente solicitude de intervención administrativa.

O pasado día 30 de decembro de 2008, a xunta xeral adoptou por unanimidade o acordo de solicitar a intervención administrativa da confraría co fin de tratar de atopar unha viabilidade futura e evitar o cesamento da súa actividade económica.

Xa que logo, ante a grave situación patrimonial que está atravesando a Confraría de Pescadores de Sada, que pon en perigo a súa existencia, e dada a conveniencia para o interese social da continuidade da confraría, é necesaria a adopción da medida prevista no artigo 64 do Decreto 261/2002, e, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de xaneiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Decretar a intervención administrativa da Confraría de Pescadores de Sada como consecuencia da súa grave situación económica e patrimonial, que pon en perigo a súa existencia como corporación de dereito público, ao abeiro do disposto no artigo 64 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR