Resolución do 24 de xaneiro de 2006 pola que se convocan probas de selección de alumnos para a promoción 2006/2008, para a Sección de Especialización da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS
Rango de LeyResolución

O Decreto 270/1997 do 18 de setembro, polo que se crea a Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (DOG nº 191, do 3 de outubro) recolle, dentro do funcionamento da escola, a Sección de Especialización. Nesta sección preténdese achegar e achegar ao panorama dos estudos musicais na Comunidade Autónoma de Galicia a oportunidade de perfeccionamento instrumental dos xoves e descoñecidos valores, como un medio para acadar un maior perfeccionamento nas súas distintas especialidades mediante a formación individualizada de cara á súa integración profesional ao máis alto nivel.

Con esta finalidade, o IGAEM convoca probas para a admisión e selección de alumnos, de cara á promoción 2006/2008, e conforme coas seguintes bases:

  1. Consonte co Decreto 270/1997, do 18 de setembro, polo que se crea a Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, e segundo se sinala no artigo 6 do citado decreto, convócanse probas para elaborar e confeccionar listas na sección de especialización, co fin de cubrir as prazas de alumnos activos dispoñibles, en función das posibilidades e necesidades da escola, nas seguintes especialidades:

    ViolínViolaViolonchelo

    ContrabaixoÓboeFrauta

    ClarineteFagotTrompa

    TrompetaPercusiónTrombón

  2. A escola manterá un mínimo de 30 prazas de alumnos activos. Aqueles que, reunindo os requisitos para formar parte do alumnado da escola, non acaden a puntuación necesaria para seren alumnos activos, pasarán a integrar unha lista de espera, que terá un período de validez dun ano. Todos/as os/as admitidos/as nas listas terán dereito á asistencia gratuíta ás clases e cursos maxistrais que organice a escola.

  3. Terán preferencia para optar a estas prazas nas listas aqueles músicos galegos ou residentes en Galicia, menores de 25 anos de idade, que estean en posesión do título de Grao Superior de Conservatorio e os que acrediten, a xuízo do tribunal, un nivel suficiente no dominio instrumental.

  4. O programa terá unha duración total de dous anos, dividido en dous períodos anuais, desde o 1 de outubro de 2006 ata o 30 de xuño de 2008, segundo o calendario que se estableza por parte da dirección da escola. Excepcionalmente, poderase engadir un terceiro período.

    Todos/as os/as alumnos/as activos deberán pasar un exame ao remate do primeiro ano, como requisito imprescindible para poder cursar o segundo. O tribunal de valoración desta proba será designado pola dirección do centro. Ao finalizar o segundo curso haberá un exame final.

  5. A condición de alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, Sección de Especialización, non supón pagamento ou aboamento ningún por dereitos de matrícula ou similar.

  6. As solicitudes desta convocatoria poderán presentarse, segundo o modelo anexo, ata o día 17 de abril de 2006 no Rexistro do IGAEM (rúa Vesada s/n, San Lázaro, CP 15703 de Santiago de Compostela), ben persoalmente, ben por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Quen opte por presentar a súa solicitude nun rexistro diferente ao do IGAEM, deberá comunicalo por telegrama ou fax dentro de prazo, e deberá así mesmo anunciar o envío da solicitude mediante fax, telefax ou telegrama no mesmo día da súa remisión. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a solicitude, de ser recibida no IGAEM con posterioridade á data de remate do prazo.

    As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

    -Dúas copias das obras que se interpretarán libremente (coa parte de piano, se a tivese, para o pianista acompañante).

    -Fotocopia do título de grao medio ou superior ou da certificación de estudos correspondente, ou declaración persoal deste.

    -Fotocopia do DNI, NIF ou equivalente.

    -Curriculum vitae e fotocopia da documentación acreditativa dos méritos que se aleguen.

    -Fotocopia do certificado de residencia ou declaración persoal deste.

    -Unha fotografía tamaño carné.

    Soamente se pedirán documentos orixinais ou compulsados aos alumnos que superen as probas no momento de formalizar a súa matrícula, sendo entón imprescindible a súa presentación.

  7. Rematado o prazo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR