Resolución do 10 de xaneiro de 2008 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para financiar proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino privados de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non-universitarios, para o ano 2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en desenvolvemento das previsións dos artigos 3.2º e 148.1º 17 da Constitución española e mais do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia, establece a obriga dos poderes públicos de garantir o uso normal do galego e do castelán (artigo 2), así como que o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos (artigo 12).

Así mesmo, no artigo 14 da citada lei establécese expresamente que a lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non-universitarios e que se garantirá o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos e privados. No parágrafo 3 do mesmo artigo, encoméndaselles ás autoridades educativas da comunidade autónoma garantir que ao remate dos ciclos educativos, nos cales o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán. Igualmente, a Administración educativa debe desenvolver e apoiar aquelas medidas que axuden a incrementar o uso da lingua galega na comunidade educativa.

Por outra banda, o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia na súa sesión do día 22 de setembro de 2004, reitera a necesidade de promover medidas favorables ao galego para conseguir equiparar o nivel de competencia do alumado en lingua galega e castelá, así como para corrixir a situación social de desigualdade entre os dous idiomas.

Recentemente, mediante o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, desenvólvese a Lei de normalización lingüística para a súa aplicación en todos os centros docentes públicos e privados que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, (DOG nº 125, do 29 de xuño). Este decreto pretende reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro.

Con ese obxectivo, cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto lingüístico. O proxecto lingüístico será aprobado e avaliado polo consello escolar do centro educativo e remitido aos servizos de inspección antes do 30 de setembro de cada ano. No marco do proxecto lingüístico, fomentarase o uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organice.

O citado decreto tamén regula no artigo 18 e seguintes o funcionamento dos equipos de normalización e dinamización lingüística e das comisións territoriais de coordinación. No artigo 20 establécese que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (CEOU) e a Secretaria Xeral de Política Lingüística (SXPL) divulgarán as experiencias positivas desenvolvidas nos centros educativos no campo da normalización lingüística e avaliarán o grao de cumprimento do Plan de normalización lingüística nos centros educativos. Establece tamén que o Goberno de Galicia, con periodicidade anual, avaliará os resultados da aplicación deste decreto e, desenvolverá regulamentariamente cantas disposicións fosen necesarias co fin de que poida achegarse gradualmente á plena aplicación da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias.

É por iso que se considera necesario, ao igual que en exercicios anteriores, realizar unha convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego para coñecer, valorar e apoiar o labor dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino, asignándolle unha achega económica segundo o seu grao de calidade, orixinalidade e interese para a comunidade educativa e mais a súa contorna, de acordo cos criterios de valoración que se establecen nas bases desta convocatoria.

Segundo o establecido no artigo 2.1º b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as achegas económicas que se asignen aos proxectos con motivo desta convocatoria terán caracter de subvención, destinadas a execución dos proxectos de fomento do uso do galego polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino privados.

Polo que respecta á competencia para efectuar a convocatoria, o Decreto 145/2007, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, da estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística a función de impulsar e coordinar o labor de normalización lingüística dos servizos de normalización dos demais organismos, polo que, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, órgano competente en materia de ensino regrado na comunidade autónoma, resolvo efectuar a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino privados de Galicia para 2008, segundo as seguintes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR