Decreto 24/2009, do 29 de xaneiro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Avión e Carballeda de Avia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Avión, con data do 28 de abril de 2005, interesou o deslindamento do seu termo municipal respecto do municipio limítrofe de Carballeda de Avia no tramo comprendido entre os marcos un (Portela de Pao) e dez (Outeiro de Chaos), por considerar que existían erros materiais na delimitación anterior.

O expediente de deslindamento tramitouse de conformidade co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Durante a devandita tramitación non existiu acordo entre os concellos de Avión e Carballeda de Avia sobre o documento xurídico vixente definitorio da liña límite entre ambos os dous municipios. Resultando que o Concello de Avión defende fundamentalmente como liña límite a descrita na acta do 25 de setembro de 1934; mentres que o Concello de Carballeda de Avia se basea, entre outros datos, na clasificación existente dos montes veciñais en man común da zona.

A motivación da resolución deste expediente reside nos seguintes fundamentos xurídicos:

  1. De conformidade co disposto nos artigos 41 e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial respectiva, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e do ditame do Consello Consultivo.

    No expediente de deslindamento dos termos municipais de Avión e Carballeda de Avia obsérvase que existe un claro desacordo entre ambos os municipios ao respecto. Este suposto de feito está comprendido dentro da definición que o Consello Consultivo de Galicia, seguindo a doutrina do Consello de Estado, realizou no seu ditame número 35 do 17 de marzo de 2000, onde sinala que deslindar é identificar e distinguir os lindeiros reais que separan dous ou máis termos municipais, por non mediar acordo e existir discrepancias ou contradicións en torno aos lindeiros sinalados nunha acta de deslindamento anterior ou entre os declarados por actas precedentes e sucesivas no tempo.

    En consecuencia, é necesaria a intervención do Consello da Xunta de Galicia para resolver o conflito, ao abeiro do artigo 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia.

  2. A resolución deste...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR