Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

Após a publicación do Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior, así como a confección e xestión dos programas de formación ou especialización a elas dirixidos.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta resolución abrangue a convocatoria anual e as bases reguladoras dos programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.

O primeiro dos programas convocados pretende que os estudantes residentes no estranxeiro poidan realizar estudos conducentes á obtención do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico ou a nova titulación de graduado. Búscase que estes mozos e mozas poidan formarse no eido cultural e educativo galego, dentro das súas institucións académicas, para que posteriormente desenvolvan o seu labor profesional, ao mesmo tempo que se contribúe ao fortalecemento das súas orixes galegas.

Para acadar a finalidade pretendida, cóntase coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que participa tanto no financiamento do programa como na selección dos beneficiarios a través da súa presenza na comisión seleccionadora dos expedientes. Esta participación pon de manifesto o seu interese en promover un programa que contribúa ao financiamento de estudos universitarios nas universidades do sistema universitario de Galicia.

O segundo programa de bolsas está dirixido a axudar a sufragar os gastos derivados da realización de estudos de terceiro ciclo (etapa de formación) así como da realización de estudos universitarios que conducen á obtención do título de máster universitario.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, establece que as ensinanzas de máster teñen como finalidade a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional ou ben promover a iniciación en tarefas investigadoras.

O establecemento dos novos títulos de máster universitario constitúe unha das modificacións de máis transcendencia no proceso europeo de cambio estrutural das ensinanzas universitarias e supón un gran reto para as universidades e a administración educativa que se ven obrigadas ao desafío de impulsar estudos de posgrao de máxima calidade. En Galicia, a reforma plásmase na aprobación dos decretos 51/2006, do 23 de marzo e 13/2007, do 1 de febreiro, polo que se autoriza a implantación de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

Así pois, a Secretaría Xeral da Emigración pretende fomentar a especialización académica, a profesionalización e a iniciación á investigación dos galegos con titulación universitaria residentes no estranxeiro, tendo en conta a oferta de estudos de terceiro ciclo e de ensinanzas de máster que proporcionen as universidades que comprenden o sistema universitario de Galicia: Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

O terceiro programa de bolsas, para a realización de estudos de formación profesional de grao superior convócase en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os estudos de formación profesional teñen por finalidade preparar os/as alumnos/as para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal, ao exercicio da cidadanía democrática e á aprendizaxe permanente.

O procedemento de concesión destas bolsas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación e avaliación dos méritos achegados polos solicitantes co fin de establecer una prelación entre estes de acordo cos criterios de valoración que se establecen e respectando os principios de obxectividade, igualdade e non-discriminación.

En virtude do exposto, e no exercicio das competencias atribuídas pola disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normativa de desenvolvemento, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

DISPOÑO:

Capítulo I

Programas de bolsas 2009-2010

Sección primeira

Programa 1: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos presenciais universitarios conducentes á obtención do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico ou a nova titulación de graduado en calquera das tres universidades galegas.

As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os galegos e os seus descendentes ata o segundo grao, que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Residencia no estranxeiro do solicitante da bolsa.

  2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, o solicitante deberá acreditar a residencia da súa unidade económica familiar no estranxeiro e ter superados o 75% das materias ou créditos nos que estivo matriculado no curso 2008-2009, incluíndo o proxecto fin de carreira.

  3. Estar admitido/a para cursar estudos presenciais conducentes á obtención do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico ou a nova titulación de graduado durante o curso 2009-2010, na universidade de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. Os beneficiarios das bolsas deberán estar matriculados en, como mínimo, 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira.

Artigo 3º Documentación.

Os solicitantes das bolsas deberán achegar a seguinte documentación:

  1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo I).

  2. Fotocopia compulsada do seu documento nacional de identidade, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do solicitante.

  3. Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega.

  4. Acreditación da residencia no estranxeiro do solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación na que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.

    As persoas que soliciten unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, deberán acreditar a residencia no estranxeiro da súa unidade económica familiar mediante a presentación dos correspondentes certificados de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular. Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior á de publicación desta convocatoria.

  5. Documentación xustificativa da súa admisión nos estudos para os que se solicita a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR