Resolución do 25 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, pola que se convoca un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes por persoal laboral fixo na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e nas súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCOMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA
Rango de LeyResolución

O Acordo do 9 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo de 2008), adoptado pola Comisión negociadora do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. (TVG, S.A.) e Radiotelevisión Galicia, S.A. (RTG, S.A.), completado e modificado polos acordos do 9 de novembro de 2008 e do 26 de febreiro de 2010, regula un proceso extraordinario de cobertura de vacantes de distintas categorías laborais do cadro de persoal da CRTVG e das súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A., aprobado polo Consello de Administración o día 25 de xaneiro de 2011.

Doutra banda, a disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do rmpregado público prevé a posibilidade de convocar con carácter extraordinario un proceso de consolidación de emprego temporal, establecendo:

1. As administracións públicas poderán efectuar convocatorias de consolidación de emprego a postos ou prazas de carácter estrutural correspondentes aos seus distintos corpos, escalas ou categorías, que estean dotados orzamentariamente e se encontren desempeñados interina ou temporalmente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

2. Os procesos selectivos garantirán o cumprimento dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. O contido das probas gardará relación cos procedementos, tarefas e funcións habituais dos postos obxecto de cada convocatoria. Na fase de concurso poderanse valorar, entre outros méritos, o tempo de servizos prestados nas administracións públicas e a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria.

Os procesos selectivos desenvolveranse conforme o disposto nos números 1 e 3 do artigo 61º deste estatuto

.

Unha vez rematados os procesos previos de cobertura de prazas por excedentes, por traslado voluntario e o proceso de selección polo procedemento de promoción interna, previstos no Acordo do 9 de novembro de 2007, cómpre convocar o proceso de provisión de vacantes por incorporación de novos empregados e empregadas polo procedemento de concurso oposición libre para a selección de persoal laboral fixo das categorías que se sinalan no anexo I desta convocatoria.

Polo que, de conformidade coas atribucións recollidas no artigo 11º da Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía da Radio-Televisión de Galicia, e en aplicación do Acordo do 9 de novembro de 2007, ao abeiro da disposición adicional oitava do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, despois da negociación e acordo coa representación legal dos traballadores e, en virtude do acordo aprobado polo Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia na súa reunión do día 25 de xaneiro de 2011, en aplicación do artigo 27º.4 da Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía da Radio-Televisión de Galicia, e acadado o informe favorable das direccións xerais de Orzamentos e Función Pública con data do 14 de decembro de 2010,

RESOLVO:

Convocar o proceso de selección de persoal laboral fixo, mediante o procedemento de concurso oposición excepcional, segundo o establecido na disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; na disposición adicional oitava do Convenio colectivo da CRTVG e as súas sociedades (DOG nº 246, do 21 de decembro) e no Acordo do 9 de novembro de 2007 (DOG nº 138, do 17 de xullo de 2008), adoptado pola Comisión negociadora do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades. O dito proceso de selección desenvolverase de acordo coas seguintes

Bases:

  1. Normas xerais.

    1.1. Proceso selectivo.

    O proceso selectivo para a cobertura das prazas vacantes por incorporación de novos empregados e empregadas como persoal laboral fixo, das categorías que figuran no anexo I desta convocatoria, realizarase mediante o procedemento de concurso oposición, ao que terá acceso calquera persoa que reúna os requisitos e condicións exixidos nesta convocatoria.

    1.2. Publicidade e información do proceso selectivo e publicación das resolucións.

    A convocatoria do proceso selectivo publicarase no Diario Oficial de Galicia, e na páxina web da empresa (www.crtvg.es).

    Todas as comunicacións ou informacións sobre o proceso de selección, a publicación das resolucións citadas nesta convocatoria, así como o sinalamento da data e lugar inicial de realizacións dos exercicios, realizaranse exclusivamente na páxina web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia: www.crtvg.es.

    Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento do proceso, ben de oficio ou ben por instancia dos interesados/as, e deberán ser todos eles publicados a través dun comunicado.

    1.3. Número de prazas vacantes e categorías ás que pertencen.

    O número total de prazas vacantes que se cubrirán que se convocan neste proceso selectivo é o que se especifica, para cada categoría, no anexo I desta convocatoria.

    1.4. Reserva para discapacitados.

    De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, resérvase un sete por cento do total das prazas convocadas para seren cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao trinta e tres por cento.

    A reserva faise sobre a totalidade das prazas ofertadas, distribuíndose segundo se especifica no anexo I desta convocatoria.

    Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais, redondearase por exceso para o seu cómputo, sen prexuízo do establecido no parágrafo seguinte.

    No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acaden unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

    No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

    1.5. Opción de quendas.

    Os/as aspirantes só poderán participar nunha das seguintes quendas de acceso: quenda de acceso libre ou quenda de acceso a discapacitados. Unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto á dita opción.

    1.6. Códigos identificativos das prazas ofertadas.

    Os códigos identificativos das prazas ofertadas recóllense no anexo II.

  2. Requisitos xerais dos candidatos.

    Todos os requisitos e condicións exixidos nesta convocatoria deberanse posuír polos aspirantes, de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, e teranse que manter ata a sinatura do contrato laboral como persoal laboral fixo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia ou as súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A.

    2.1. Requisitos comúns para as dúas quendas de acceso:

    2.1.1. Nacionalidade:

    2.1.1.1. Ter a nacionalidade española.

    2.1.1.2. Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

    2.1.1.3. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/as e dos/as nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do/da seu/súa cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

    2.1.1.4. Tamén poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

    2.1.2. Idade:

    Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzada a idade establecida como máxima de xubilación forzosa.

    2.1.3. Capacidade funcional:

    Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente contrato laboral.

    Só para estes efectos a empresa poderá exixir aos aspirantes seleccionados someterse a recoñecemento médico realizado polo servizo médico de empresa, coa exclusiva finalidade de comprobar as incompatibilidades manifestas co desempeño das funcións ou tarefas propias dos postos de traballo da categoría obtida.

    2.1.4. Habilitación:

    Que non fose separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos seus órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no caso de persoal laboral, no que fose separado o inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin que estivese sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

    2.1.5. Aboar, se é o caso, a taxa por dereitos de exame:

    En relación aos dereitos de exame, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia exixe como requisito necesario para participar no proceso selectivo o aboamento en tal concepto do importe da taxa que estea vixente no momento de presentación da solicitude. Para o acceso ás categorías desta convocatoria a taxa por servizos administrativos vixente é a que se reflicte no anexo V desta convocatoria.

    2.2. Condición legal de persoas con discapacidade.

    Ademais dos requisitos anteriores, os/as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR