Resolución 2/2006, do 23 de outubro, do xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión do posto de coordinador de urxencias.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

De conformidade co establecido no artigo 5.1º j) da Orde do 8 de maio de 2006, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

RESOLVE:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, sito na Travesía da Choupana, s/n, 15076 Santiago de Compostela ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR