Decreto 325/2003, do 18 de xullo, polo que se autorizan e regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

As permanentes e cada vez máis dinámicas transformacións económicas e tecnolóxicas operadas nos sistemas de producción de bens e servicios, así como os cambios xurdidos nas estructuras de organización empresarial, inciden na modificación das cualificacións profesionais e nas competencias que as conforman, o que xera a necesidade de contar con recursos humanos cualificados e permanentemente actualizados. En consecuencia, a formación profesional constitúe unha actuación imprescindible para a procura destes recursos humanos que esixe o sistema productivo sendo, polo tanto, unha parte fundamental das políticas activas de emprego.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, aborda a reforma estructural do subsistema de formación profesional xestionado polas administracións educativas e senta as bases para que este subsistema se oriente cara á súa integración cos outros dous subsistemas existentes, formación profesional ocupacional e formación profesional continua. Así, no seu artigo 30.1º establece a obriga das administracións públicas de garantiren a coordinación da oferta de formación profesional nos tres subsistemas.

A Lei 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional (BOE do 20 de xuño) no seu artigo 11 prevé a creación de centros integrados de formación profesional e no seu artigo 10.1º establece que este tipo de centros impartirán as ofertas formativas relativas ós títulos e certificados de profesionalidade referidas ó Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Asemade, o artigo 11.4º establece que as administracións, no ámbito das súas competencias, poderán crear e autoriza-los devanditos centros de formación profesional coas condicións e requisitos que se establezan.

O II Programa Nacional de Formación Profesional aprobado polo Consello Xeral de Formación Profesional do Estado e aprobado polo Goberno para 1998-2002, establece entre os seus obxectivos básicos o desenvolvemento dun sistema integrado de formación e inserción profesional e a garantía da calidade da formación profesional, así como a súa avaliación e o seu seguimento.

O Plan Galego de Formación Profesional, elaborado no seo do Consello Galego de Formación Profesional, ratificado polo Pleno do citado consello na sesión ordinaria do día 30 de maio e aprobado

polo Consello da Xunta de Galicia o día 27 de xuño de 2001, contén as directrices que rexerán as ensinanzas profesionais na Comunidade Autónoma galega ata o ano 2006 e constitúe o instrumento básico que garante á poboación a consecución dunha cualificación axeitada ás demandas do tecido productivo, como fin último cara ó pleno emprego.

O Sistema Integrado de Cualificacións e Formación Profesional, que se establece no plan galego, ten precisamente como unha das accións importantes a creación dunha rede de centros integrados de formación profesional que facilite a oferta modular integrada de formación profesional, a permeabilidade da oferta institucional de formación, co fin de impulsa-lo máis posible os esforzos de cualificación das persoas.

Esta rede de centros será a estructura formativa que, tal e como indica o dito plan, lles oferte ós mozos e á poboación activa programas de formación asociada ó Sistema de Cualificacións, estreitamente vinculados cos principais sectores productivos que demandan cualificacións e formación profesional en Galicia. Os ditos centros integrados, ademais de ofreceren programas de formación en diferentes modalidades (FP regrada, FP ocupacional, FP continua, iniciación profesional, apoio á aprendizaxe, etc.) deberán manter unha estreita conexión cos centros de traballo e desenvolverán actividades de innovación e desenvolvemento da formación profesional, de formación do profesorado, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR