Decreto 135/2007, do 12 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2007-2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 81.3º b) que lle corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal estableza a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Para os restantes estudos serán fixados polo Consello Social da respectiva universidade, de acordo co disposto no artigo 81.3º.c) da citada lei orgánica, e no artigo 4 e) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia.

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalle ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagará o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe a Conferencia Xeral de Política Universitaria, que este ano, na sesión que tivo lugar o 4 de xuño de 2007 (BOE nº 143, do 15 de xuño), fixou para o curso 2007-2008, o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2006 ao 30 de abril de 2007, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos. Excepcionalmente as comunidades autónomas poderán modificar o límite superior dos prezos públicos dos novos estudos universitarios de posgrao regulados polo Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, ata un máximo equivalente ao 30% do custo.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas e non renovadas, así como a diferenza entre o prezo da 1ª matrícula fronte ao prezo da 2ª e 3ª e sucesivas matrículas (Decreto 263/1993, do 28 de outubro), e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2007-2008 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, incrementando os prezos do curso pasado na contía correspondente á suba do IPC estatal determinado entre o 30 de abril de 2006 e o 30 de abril de 2007 máis 1,6 puntos, é dicir, o 4%.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, co informe do Consello Galego de Universidades, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR