Decreto 117/2006, do 13 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2006/2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, establece no seu artigo 81.3º b) que lle corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal estableza o Consello de Coordinación Universitaria do MEC. Para os restantes estudos serán fixados polo Consello Social, artigo 81.3º c) da respectiva universidade, e de acordo co disposto na Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalle ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagará o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe o Consello de Coordinación Universitaria, que este ano, na sesión das súas comisións mixta e de coordinación, celebradas o 30 de maio de 2006 (BOE nº 138, do 10 de xuño), fixou, para o curso 2006-2007, o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2005 ao 30 de abril de 2006, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos. Os prezos públicos dos novos estudos universitarios de posgrao regulados polo Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, modificado polo Real decreto 1509/2005, do 16 de decembro, estableceranse entre 13 e 28 euros o crédito. Excepcionalmente as comunidades autónomas poderán modificar o límite superior ata un máximo equivalente ao 30% do custo.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas e non renovadas, así como a diferenza entre o prezo da 1ª e 2ª matrícula fronte ao prezo da 3ª e sucesivas matrículas (Decreto 263/1993, do 28 de outubro), e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2006-2007 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, incrementando os prezos do curso pasado na contía correspondente á suba do IPC estatal determinado entre o 30 de abril de 2005 e o 30 de abril de 2006 máis 1,1 puntos (é dicir, o 5%).

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Universidades e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.
  1. Os prezos que se pagarán no curso 2006/2007 polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no sistema universitario de Galicia, serán os establecidos segundo as normas deste decreto na contía que se sinala no anexo.

  2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo Consello Social, de conformidade co establecido no artigo 81.3º c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades e a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

Artigo 2º Modalidades de matrícula.
  1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos establecidos no punto 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. As materias poderán ser anuais ou cuadrimestrais, de acordo co establecido pola universidade, en función do número de horas lectivas que figure nos plans de estudos. O importe do prezo aplicable para as materias cuadrimestrais será a metade do establecido para as anuais.

  2. Ensinanzas renovadas. No caso de ensinanzas renovadas os prezos públicos establecidos no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR