Decreto 226/2005, do 22 de xullo, de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento de Vedra (A Coruña) no lugar da Silva de Arriba da parroquia de San Miguel de Sarandón. (Expediente AC-03025).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto
  1. O planeamento urbanístico vixente no municipio de Vedra (A Coruña) son as normas subsidiarias

    de planeamento municipal (NNSS) aprobadas definitivamente o 25 de xaneiro de 1995.

    Con posterioridade á dita aprobación, entrou en vigor a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG número 252, do 31 de decembro), logo modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG número 254, do 31 de decembro) (desde agora LOUGA).

  2. A modificación ten por obxecto a reclasificación como solo urbanizable non delimitado de uso industrial dun ámbito de 28.112 m, actualmente clasificado como solo non urbanizable de núcleo (12.072 m) e como solo non urbanizable de protección agropecuaria (16.040 m). Este ámbito, que hai décadas que alberga unha industria de transformación da madeira que ocupa practicamente a totalidade da súa superficie, presenta escasa vexetación e unha gran transformación o que, xunto coa súa topografía, constatan unha evidente degradación do solo no aspecto agropecuario,

  3. De conformidade co disposto na disposición transitoria primeira 1 g) da LOUGA, as modificacións do planeamento vixente á entrada en vigor desta lei deben axustarse ao disposto nela, polo que, consonte o sinalado no seu artigo 93.4º, as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación, sen prexuízo de que tamén deban cumprir as demais condicións e trámites que para o efecto prevé a citada lei en razón das pretensións que conteñan. Nese aspecto, cómpre ter en conta, entre outros, os seguintes particulares:

    1. Terminada a fase de elaboración da modificación, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello someteu o expediente ao informe preceptivo (artigo 85.1º da LOUGA) da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV), sendo emitido o 17 de decembro de 2003, co sinalamento de observacións ao proxecto daquela presentado, e que se ten por cumprir co contido do documento aprobado provisionalmente.

    2. A seguir, o Pleno da Corporación, en sesión do 30 de xullo de 2004, acordou a aprobación inicial da modificación, que posteriormente foi sometida a información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncios publicados nos xornais El...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR