Decreto 173/2004, do 15 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 163 Plan de Obras e Servizos 2003 A Pontenova. Estrada provincial Xinzo-O Navallo-Pontesoutelo, alargamento e mellora punto quilométrico 0,0 ao 1,5 (concello da Pontenova).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día vinte e un de novembro de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 163 Plan de Obras e Servizos 2003 A Pontenova. Estrada provincial Xinzo-O Navallo-Pontesoutelo, alargamento e mellora punto quilométrico 0,0 ao 1,5 e, na sesión do vinte e nove de marzo de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezasete de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actual vía ten unha grande importancia para as comunicacións da zona por enlazar os municipios da Pontenova e Ribeira de Piquín, ademais de unir numerosas localidades situadas no itinerario, xerándose un intenso tráfico por unha estrada moi estreita e con curvas de raio moi limitado, o que provoca un alto risco de accidentes con perigo para a vida humana, polo que actuación é necesaria para reducir o risco potencial de accidentes de tráfico.

A competencia para a declaración da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR