Decreto 171/2004, do 22 de xullo, polo que se lle cede ao Estado, a título gratuíto, a titularidade dos dereitos reais de uso constituídos sobre os terreos contiguos ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, situado no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade dos dereitos reais de uso sobre os terreos contiguos ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, situado no termo municipal de Nogueira de Ramuín, por setenta e cinco anos.

Con data do 14 de xuño de 2004, o Estado solicitou a cesión dos dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia sobre o citado mosteiro, co fin de establecer nel un parador de turismo. Isto leva consigo tamén a cesión dos dereitos sobre os terreos contiguos para as instalacións complementarias para o funcionamento do parador.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, co informe favorable da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, tramitou o correspondente expediente de cesión, a título gratuíto, da titularidade dos citados dereitos reais de uso, de conformidade co disposto nos artigos 30 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 83 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión a favor do Estado, a título gratuíto, da titularidade dos dereitos reais de uso constituídos sobre os terreos contiguos ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que se describen como segue:

  1. Rústica.-Predio de forma irregular, coñecido polo nome de Praza de Santo Estevo, situado diante da fachada principal do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, concello de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense. Ten unha superficie de mil setecentos sesenta metros cadrados e oitenta centímetros cadrados. Estrema: ao norte, resto do predio matriz, polígono 77, parcela 9501; ao sur, Manuel Fernando González, Rosario Rodríguez Fernández e estrada; ao leste, cemiterio parroquial, José L. de la Sotilla Varela; e polo oeste, estrada e Isaura Rodríguez Pérez.

    Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Ourense número dous no tomo 1.552, libro 89, folio 51, predio 10108, inscrición primeira. Local.

    Neste terreo construíuse un aparcadoiro soterrado de dúas plantas, cunha superficie construída de 1.112,12 m no soto 1 e de 1.044,71 m no soto 2.

  2. Rústica.-Carballeira de nome Finca do Convento ou Cercado do Convento, situada no lugar de Santo Estevo de Ribas de Sil, termo municipal de Nogueira de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR