Resolución do 19 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Crown Embalajes España, S.L.U.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Crown Embalajes España, S.L.U., con nº de código 3600582, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 26-6-2006, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, en data 19-6-2006. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concilición.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de xullo de 2006.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Colectivo para 2005/2007

Crown Embalajes España, S.L.U.-Fábrica de Vigo

Capítulo I

Consideracións xerais

Artigo 1º Ámbito.

O presente convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servizos no centro de traballo de Crown Embalajes España, S.L.U., sito na baixada á Gándara nº 32, Coruxo-Vigo.

Artigo 2º Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha duración de tres anos.

Logo do cumprimento dos requisitos legais que establezan as leis ao respecto, o presente convenio

entrará en vigor para todos os efectos o día 1 de xaneiro de 2005 e durará ata o 31 de decembro de 2007.

Considerarase prorrogado por un período dun ano máis, se non é denunciado legalmente por calquera das partes antes da data do seu vencemento. Non obstante, subsistirá o seu contido normativo e económico ata a entrada en vigor do novo convenio con excepción do artigo 44 do presente convenio (comité intercentros) que, en ausencia de acordo que o substitúa, non se prorrogará máis alá do 31 de decembro de 2007.

Artigo 3º Normas supletorias

Preeminencias.

Serán: o Estatuto dos traballadores, a ordenanza laboral da industria metalgráfica ou acordo sectorial que a substitúa e os regulamentos de réxime interior deste centro de traballo.

O pactado neste convenio é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, observarase o disposto na lexislación. O contido deste convenio establece un mínimo obrigatorio das condicións aquí pactadas.

Artigo 4º Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas e os dereitos adquiridos tanto colectivos como individuais que se teñan establecidos neste centro de traballo, así como as condicións máis beneficiosas de todo o persoal a que afecte o presente convenio.

Artigo 5º Comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación.

En cumprimento da lexislación vixente ao respecto, créase unha comisión paritaria, integrada por 5 representantes legais dos traballadores e igual número de persoas por parte da empresa Crown Embalajes España, S.L.U. Cada parte nomea un secretario-portavoz. A convocatoria das reunións corresponderá aos secretarios por instancia de parte, e nun prazo non superior a 10 días.

O cometido da citada comisión paritaria consistirá en informar e asesorar as partes interesadas sobre a interpretación e aplicación das cláusulas e preceptos deste convenio, así como das incidencias que se puideran producir con relación a este. A falta de acordo someterase a cuestión consultada á autoridade competente.

Para que os acordos da comisión paritaria sexan válidos, requirirase o acordo do 80% dos membros que a compoñen.

As funcións da comisión paritaria interpretativa serán as seguintes:

1) Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

2) Arbitraxe da totalidade dos problemas que deriven da súa aplicación.

3) Vixilancia do cumprimento do pactado.

4) Outras actividades que tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 6º Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio colectivo, o comité de empresa, en representación dos traballadores do centro de traballo, e a dirección da empresa que representa a parte empresarial.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 7º Incremento salarial.

O incremento salarial para cada un dos anos é:

Para o ano 2005 páctase IPC real máis 0,5 puntos (4,2% respecto aos salarios no 31 de decembro de 2004).

Para os dous anos seguintes de vixencia aplicarase un incremento igual ao IPC previsto polo Goberno da nación máis 0,75 puntos.

Inclúese para os anos 2006 e 2007, cláusula de revisión na porcentaxe que o IPC real supere o previsto e a súa regularización farase nunha soa paga unha vez coñecido o dato correspondente a cada un dos anos.

Estes incrementos serán de aplicación a todos os conceptos económicos incluídos no presente convenio colectivo, con excepción daqueles cuxa negociación se remite habitualmente ao ámbito do comité intercentros (axudas de custo, compensación polo uso profesional do vehículo propio, seguro de vida, seguro de accidentes) nos cales se observará o pactado entre o comité intercentros e a Dirección de Recursos Humanos.

Artigo 8º Salario base.

Establécese como salario base para cada categoría profesional para 2005 e 2006 o especificado na táboas que figuran no anexo I e anexo II respectivamente.

Os recollidos para o ano 2006 no anexo 2 estarán suxeitos á cláusula de revisión prevista no artigo 7º.

Os correspondentes ao ano 2007 serán os resultantes de aplicar o incremento previsto no artigo 7º aos existentes no 31 de decembro de 2006.

Artigo 9º Antigüidade.

A antigüidade comezará a percibirse a partir do terceiro ano, a razón do 3% sobre o salario base de cada categoría. Anualmente incrementarase nun 1% ata o límite máximo do 30%.

Segundo establece o artigo 38 do Regulamento de Réxime Interior, xunto coa paga extraordinaria de Nadal, aboaranse, a partir do quinto ano de antigüidade, dous días de salario, incrementándose en dous máis cada tres anos ata o límite máximo de 10 días.

Artigo 10º Complemento de asistencia e puntualidade.

Crown Embalajes España, S.L.U. aboaralle ao seu persoal un complemento de asistencia e puntualidade equivalente ao 10% do salario base máis a antigüidade de cada categoría profesional.

Este complemento computarase por períodos semanais.

A primeira falta de puntualidade non suporá a perda do complemento; a segunda dentro da semana suporá a perda do complemento do día; a partir da terceira falta de puntualidade na semana perderase o complemento de toda ela.

Esta normativa só poderá ser aplicada dúas veces ao mes.

Os olvidos de fichar no reloxo de control non serán considerados para efectos de descontos cando o xefe respectivo, mediante a súa sinatura nos impresos confeccionados para este fin, xustifique que o produtor estaba no seu posto de traballo ao inicio ou á terminación da xornada laboral.

Artigo 11º Mellora voluntaria.

As melloras voluntarias para 2005 e 2006 serán as que se reflicten nos anexos III e IV respectivamente.

As melloras voluntarias do ano 2006 recollidas no anexo IV estarán suxeitas á cláusula de revisión que se establece no artigo 7º deste convenio.

As correspondentes ao ano 2007 serán as que resulten de incrementar na porcentaxe a que fai referencia o artigo 7º as existentes no 31 de decembro de 2006.

Artigo 12º Pagas extraordinarias.
  1. Aboaranse 3 pagas extraordinarias: marzo, xuño e decembro.

  2. O importe da paga de marzo para 2005 será de 1.064,69 euros para todas as categorías. Para os anos 2006 e 2007 serán de aplicación os incrementos previstos no artigo 7º.

  3. O importe de cada unha das pagas de xuño e decembro será o equivalente a 30 días de salario real...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR