Resolución do 22 de xullo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Urbaser, S.A. (limpeza viaria e recollida de RSU do Concello de Ferrol).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo de Urbaser, S.A. (limpeza viaria e recollida de RSU do concello de Ferrol), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-6-2005, complementando o día 20-7-2005 e subscrito pola parte económica por Urbaser, S.A. e pola parte social polo comité de empresa o día 14-4-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do ciado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xullo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. para os seus traballadores/as adscritos/s ao servizo de limpeza e recollida de R.S.U. do Concello de ferrol para os anos 2005-2006-2007

Normas xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación para todos os traballadores da empresa Urbaser, S.A., que presten os seus servizos no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol.

Artigo 2º Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no DOG, non obstante, os efectos económicos del retrotraeranse ao 1 de xaneiro de 2005.

Terá unha duración de 3 anos con vixencia do 1-1-2005 ao 31-12-2007.

A denuncia deste convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito á outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Este convenio considerarase provisionalmente prorrogado durante o tempo que medie entre a súa data de finalización e a aprobación dun novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ao presente convenio viñan gozando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, que as aquí pactadas, conservaranas.

Artigo 4º Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás condicións pactadas neste convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual superen as aquí pactadas.

En caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º Comisión mixta de garantía.

Estará formada por catro representantes da parte económica e catro da parte social pertencentes ao comité de empresa. Ambas partes poderán contar con asesores e reuniranse por instancia de calquera delas, cantas veces sexa necesario, debendo celebrarse a reunión dentro dos cinco días seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán:

  1. Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

  2. Estudo e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio que puidesen afectar o seu contido.

  3. Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflitos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria, antes de presentar a reclamación pertinente, ante a xurisdición competente.

A dita comisión deberá emitir un informe e a súa resolución nun prazo máximo de 5 días a partir do día en que foi solicitada.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstaculizarán en ningún caso o libre acceso á xurisdición administrativa e contenciosa, prevista na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de forma que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á empresa.

Cada traballador ou traballadora realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidades do servizo, un traballador/a viñese desempeñando funcións dunha categoría superior, cobraría desde o primeiro día o salario desta categoría.

Artigo 8º Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría terá preferencia para acceder a elas o persoal en activo na empresa ou centro de traballo, polo que se promocionará ás ditas categorías o persoal que demostrase a súa capacidade, logo da superación

das probas selectivas. As bases e requisitos necesarios marcaraos a empresa, para o cal, esta comprométese a dar formación adecuada aos traballadores que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos necesarios. No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicitar aos distintos profesionais na oficina do Inem.

Artigo 9º Categorías profesionais.

As categorías profesionais definidas neste convenio, no relativo ás retribucións económicas, son as que figuran nas táboas salariais que se xuntan como anexos do presente convenio.

Condicións de traballo

Artigo 10º Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais, que se distribuirán da seguinte forma: xornada diaria de 6 horas e trinta minutos de luns a venres, e de 5 horas e trinta minutos os sábados, que inclúen 30 minutos diarios para o bocadillo, como tempo efectivo de traballo.

Non existindo xornada partida exceptuando administración, que en período estival, a terá continuada.

Artigo 11º Vacacións.

Todo o persoal terá anualmente 30 días naturais de vacacións retribuídas conforme a seguinte fórmula: 30 días de salario base + antigüidade + importe do complemento de vacacións que figura para cada categoría nas táboas salariais que se xuntan.

O persoal que se incorpore á empresa ao longo do ano desfrutará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación se efectuara despois do 30 de outubro, desfrutará a parte proporcional dentro do mesmo ano na data na que acordara a empresa.

As vacacións colleranse nos meses de xullo e agosto de acordo co seguinte calendario de rotación.

O persoal que no ano anterior desfrutou as vacacións en xullo, desfrutaraas en agosto ao ano seguinte.

O persoal que no ano anterior desfrutou as vacacións en agosto, desfrutaraas en xullo ao ano seguinte.

Todos os traballadores que logo de solicitude desfruten as súas vacacións fóra dos meses de xullo e agosto, terán como compensación dous días máis de vacacións, quedando excluído desta consideración o mes de decembro.

Artigo 12º Permisos e licenzas.

O persoal terá dereito a desfrutar de permisos ou licenzas nos seguintes supostos:

  1. 15 días en caso de contraer matrimonio.

  2. 3 días en caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se se producise fóra da localidade, o permiso será de 5 días.

  3. 3 días en caso de morte dalgún familiar en primeiro grao; 2 días se é de segundo grao. Se o falecemento se producise fóra da localidade, o permiso será de 2 días máis.

  4. 3 días en caso de nacemento de fillos ou fillas. Se o feito se produce fóra da localidade, o permiso será de 5 días.

  5. 1 día por traslado de domicilio habitual.

  6. 1 día por matrimonio de fillos ou fillas, se é fóra da localidade 2 días.

  7. O desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudos para a obtención dalgún título tanto académico como profesional, deberá acreditarse sempre a concorrencia aos ditos exames.

  8. O tempo necesario para recibir asistencia médica ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR