Resolución do 30 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos deportivos e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2009.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

O Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle, no seu artigo 27.22º, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción do deporte. O Decreto 82/2009, do 21 de abril, establece os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e crea a Secretaría Xeral para o Deporte.

Mediante as subvencións que se aproban nesta resolución preténdese a colaboración cos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora das instalacións e espazos deportivos de titularidade municipal e para a adquisición dos equipamentos deportivos precisos para o axeitado desenvolvemento da práctica deportiva, co gallo do fomento da actividade física enmarcado nun estilo de vida saudable.

Os aspectos máis destacados da acción programada contéñense nas bases que regulan o réxime de outorgamento das subvencións, nas que se identifica con claridade aos beneficiarios e ás actuacións subvencionables, para establecer posteriormente os trámites esenciais do procedemento administrativo así como os requisitos para a xustificación da realización das distintas actuacións.

O outorgamento das subvencións será efectuado baixo estritos criterios obxectivos que se explicitan con suficiente detalle no artigo 4º.

Nos orzamentos xerais da Secretaría Xeral para o Deporte existe crédito axeitado e suficiente para as axudas que son obxecto desta convocatoria.

Esta resolución, así como as bases reguladoras que establece, adáptanse á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, que desenvolve o réxime de axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como aos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conxunto normativo no que se establecen os requisitos xerais das subvencións concedidas pola administración autonómica, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Polo exposto, e en uso das facultades que teño atribuídas pola lexislación vixente de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para os dous tipos de actuacións que se detallan a continuación, e de acordo cos requisitos que se establecen no artigo seguinte:

-Construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos.

-Adquisición de equipamentos deportivos.

Poderán acollerse a estas subvencións as actuacións que se describen neste artigo sempre que se realicen no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2009 e a data de xustificación dos investimentos establecida no artigo 11º.

Artigo 2º Actuacións subvencionables.

Só resultarán susceptibles de ser subvencionadas aquelas actuacións que resulten incluídas nalgúns dos seguintes epígrafes, atendendo á necesidade ou fin a satisfacer:

  1. Construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos de titularidade pública que se detallan nos parágrafos seguintes, sempre que, polo importe ao que ascenden, poidan ser realizadas baixo a modalidade de contrato menor de acordo co establecido nos artigos 95 e 122 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

    1. Actuacións de nivel 1:

      -Pistas multideportivas ao aire libre.

      -Circuítos biosaudables ao aire libre: obras necesarias para a instalación dos aparellos para a realización dos exercicios.

      -Rutas de sendeirismo e ciclismo, incluindo a súa correcta sinalización.

      -Rutas para a carreira incluíndo a súa correcta sinalización.

      -Circuítos urbanos para camiñar, incluíndo a súa correcta sinalización.

      -Espazos para a práctica da patinaxe: patíns e skate.

    2. Actuacións de nivel 2:

      -Instalacións para deportes tradicionais.

      -Pistas de pádel.

    3. Actuacións de nivel 3:

      -Outras instalacións ou espazos.

      Non serán obxecto de subvención as actuacións que pretendan a conservación e o mantemento ordinario das instalacións e os espazos deportivos (reposición de vidros, pintado interior/exterior e análogas).

  2. Adquisición de equipamento deportivo inventariable. Só resultarán susceptibles de ser subvencionadas aquelas actuacións dirixidas á adquisición de equipamento deportivo inventariable consistente nun conxunto de ata 8 aparellos para a realización de exercicios nos circuítos biosaudables, e prioritariamente destinados ás persoas de 65 ou máis anos.

Artigo 3º Beneficiarios.
  1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta resolución os concellos do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Os beneficiarios deberán acreditar a propiedade do inmoble ou instalación de que se trate ou posuír dereitos temporais para o seu uso e desfrute non inferiores a 10 anos ou, no caso de rutas ou circuítos, acreditar que o seu trazado discorre por camiños ou vías de dominio público.

  2. Non poderán obter a condición de beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  3. Así mesmo, non poderán obter a condición de beneficiarios os concellos que resultasen beneficiarios de subvención ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de infraestruturas deportivas de titularidade pública ou privada e para a adquisición de equipamentos deportivos e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2008 (DOG nº 50, do 11/03/2008), e non xustificasen axeitadamente a realización da actuación subvencionada, sen presentar renuncia expresa e por razóns xustificadas aceptada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

  4. As subvencións que se regulan nesta resolución son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención.

Artigo 4º Criterios obxectivos de adxudicación das subvencións.

A proposta de outorgamento da subvención formularaa o órgano instrutor, á vista dos traballos levados a cabo pola comisión avaliadora, unha vez aplicados os criterios de valoración, e logo da agrupación ou ordenación das diversas solicitudes nas respectivas epígrafes ou finalidades perseguidas con esta resolución, co obxecto de garantir que a competencia entre os proxectos ou accións concorrentes se produza entre accións de dimensións similares e que persigan finalidades análogas. O outorgamento das subvencións determinarase atendendo aos seguintes criterios obxectivos de valoración das respectivas solicitudes:

  1. Criterios que se van considerar para infraestruturas:

    1. Programa de actividades para 2009 que se levará a cabo na instalación ou espazo deportivo para a que se solicita a subvención. Ata 30 puntos.

      -Actividades deportivas para poboación de 65 ou máis anos: valorarase a calidade do programa, ata 10 puntos, en función de:

      -Obxectivos formulados: ata 2 puntos.

      -Os contidos que se van desenvolver: ata 2 puntos.

      -A súa temporalización: ata 2 puntos.

      -Os criterios de avaliación formulados: ata 1 punto.

      -As actuacións de promoción do uso da instalacións: ata 3 puntos.

      -Actividades deportivas para poboación de 15 a 25 anos: valorarase a calidade do programa, ata 10 puntos, en función de:

      -Obxectivos formulados: ata 2 puntos.

      -Os contidos que se van desenvolver: ata 2 puntos.

      -A súa temporalización: ata 2 puntos.

      -Os criterios de avaliación formulados: ata 1 punto.

      -As actuacións de promoción do uso da instalacións: ata 3 puntos.

      -Incidencia na poboación do medio rural: ata 5 puntos.

      -Actividades para persoas con discapacidade: ata 5 puntos

    2. Número de habitantes: Ata 30...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR