Resolución do 18 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A incorporación á Unión Europea e a existencia dun espazo único dentro dela con fronteiras compartidas de cara ao exterior e liberdade de circulación dentro do seu territorio, dá lugar á consideración dun novo status supranacional e, desde a perspectiva comunitaria, de persoas inmigrantes de países extracomunitarios.

Este status administrativo supón, en moitos casos, que persoas de fóra da Unión Europea se vexan en determinadas situacións sociais que precisan de asistencia desde un punto de vista de acollida e integración no territorio comunitario.

A Administración pública do Estado e as comunidades autónomas, conscientes destas necesidades, elaboraron no ano 2005 un marco de cooperación para a xestión do fondo de apoio á acollida e a integración de inmigrantes así como o seu reforzo educativo, para que, con fondos das administracións autonómicas e do Estado, se realicen accións de acollida e integración de inmigrantes extracomunitarios. O crédito destinado a este fondo foi incrementado no ano 2007, e un novo marco de cooperación define os eixes de actuación en que se enmarcan as liñas de acción que desenvolverán as comunidades autónomas.

Dentro deste marco dáse cabida a entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades e accións a prol da integración dos inmigrantes extracomunitarios. Neste ámbito, no ano 2006, publicouse por primeira vez unha resolución pola que se regulaba a concesión de axudas, en concorrencia competitiva, a este tipo de entidades para a realización de proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega.

Neste ano 2007, seguindo a liña iniciada no ano anterior, volve publicarse unha resolución de axudas dirixidas a estas entidades sen ánimo de lucro, adaptando os eixes e os programas ao acordado no marco de cooperación para o ano 2007 aprobado polo Consello Superior de Política Inmigratoria o 6 de febreiro de 2007.

Tras a publicación do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma a que lle corresponden, entre outras, as competencias en política inmigratoria en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias se deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta convocatoria, ademais das bases establecidas nela, adáptase ao disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 04.50.312C.481.0 e 04.50.312C.781.0 que figuran na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto da resolución é regular os requisitos e condicións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007.

Artigo 2º Requisitos das entidades solicitantes.
  1. As subvencións que se convocan por esta resolución poderán ser solicitadas por aquelas entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, que cumpran, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

    1) Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo.

    2) Desenvolver actuacións que favorezan a integración do colectivo inmigrante na Comunidade Autónoma de Galicia.

    3) Dispoñer de estrutura e capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos.

    4) Non incorrer en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 13, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

  2. As entidades que teñan subscrito algún convenio coa Secretaría Xeral de Emigración poderán igualmente presentar solicitudes de subvención ao abeiro desta resolución, sempre que as actuacións propostas sexan distintas a aquelas obxecto de financiamento a través dos convenios en vigor.

  3. Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o que se concede a subvención.

  4. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de dereito público, as universidades, os partidos políticos, as sociedades civís, asociacións profesionais, os colexios profesionais e outras entidades con análogos fins e natureza que os citados, agás as organizacións sindicais.

Artigo 3º Orzamento.
  1. A concesión de axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 04.50.312C.481.0 (524.397 €) e 04.50.312C.781.0 (165.000 €), que se inclúen nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2007, quedando condicionada a concesión destas axudas ao dito límite orzamentario.

  2. A contía total subvencionable para gastos correntes distribuirase polos eixes indicados no artigo 5º, coa seguinte distribución:

    -Eixe de acollida: 209.757,69 €.

    -Eixe de saúde: 104.879,77 €.

    -Eixe de muller: 104.879,77 €.

    -Eixe de sensibilización: 104.879,77 €.

  3. Se como resultado da presentación de solicitudes e das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución, algún dos eixes subvencionables, non resultase cuberto na totalidade da contía prevista anteriormente, poderase proceder a unha redistribución da contía non cuberta entre todos ou algúns do eixes restantes.

  4. As asignacións orzamentarias poderán ser incrementadas de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria, debendo, neste suposto, distribuírse por eixes.

Artigo 4º Accións subvencionables e contía da axuda.
  1. A contía concreta e certa da subvención determinarase en cada caso en función do custo do proxecto presentado obxecto de subvención e da aplicación dos criterios de valoración establecidos nesta resolución, tendo en conta o número de entidades beneficiarias e as dispoñibilidades orzamentarias, podendo acadar o 100% do investimento aqueles proxectos que obtiveran o máximo número de puntos previstos no artigo 6º, tendo en conta o número de entidades beneficiarias e as dispoñibilidades orzamentarias.

  2. Poderán subvencionarse con cargo a esta resolución os gastos correntes e os gastos de equipamento que se lles orixinen ás entidades ás cales se lles conceda a subvención para a realización dos programas previstos no artigo 5º.

  3. O órgano competente, de ser o caso, procederá á distribución entre os beneficiarios do importe global máximo destinado ás subvencións.

Artigo 5º Eixes e programas subvencionables.

Con cargo a esta resolución só poderán subvencionarse proxectos e accións referidos aos eixes e programas que se detallan a continuación:

  1. Eixe de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR