Decreto 121/2006, do 13 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso de 10.980 m do inmoble coñecido como predio Valverde feita pola Deputación Provincial de Ourense á Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Por Decreto 159/2004, do 7 de xullo, a Comunidade Autónoma de Galicia aceptou a cesión do dereito real de uso, sobre o predio 9.962 do Rexistro da Propiedade de Allariz, tomo 329, libro 77, folio 215, inscrición primeira.

Con data do 13 de agosto de 2004 asinouse un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia

e a Deputación Provincial de Ourense para a cesión de uso da casa de Valverde, situada no Concello de Allariz, para o desenvolvemento dos proxectos Prisma e Milaria.

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2006, acordou autorizar o uso da casa Valverde para os novos obxectivos dos proxectos Prisma e Milaria, ampliados a mozos con déficits de formación e dificultades de inserción sociolaboral da provincia de Ourense, preferentemente de Allariz e a súa comarca, incluíndo nos usos da citada casa a creación dun centro social para os veciños. Ademais, amplíase a cesión do dereito real de uso á superficie de 10.980 m dun inmoble denominado predio Valverde de 179.480 m, que linda co inmoble aceptado en 2004, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, con destino a construción dun centro de día para persoas maiores da parroquia e do Concello de Allariz.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que a Deputación Provincial de Ourense acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a ampliación da cesión a título gratuíto dun dereito real de uso, feita pola Deputación Provincial de Ourense, por Acordo do 25 de xuño de 2004, facendo extensivo á superficie de 10.980 m do denominado predio Valverde, comprensiva do soar da casa soarega e da superficie circundante grafada que se reflicte no plano a escala 1/500 levantado polo Servizo de Vías e Obras da deputación. O dereito real de uso comprenderá o dereito da Comunidade Autónoma de Galicia a edificar o centro de día na superficie cuxo uso se cede, así como a realizar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR