Resolución do 21 de xullo de 2006 pola que se convoca concurso público de méritos para a selección de profesorado bolseiro de lingua, literatura e cultura galegas para as seguintes universidades: Complutense de Madrid, Barcelona -Central- e País Vasco (España); Padua (Italia); Trier (Alemaña); Sorbonne Nouvelle París III (Francia); Birmingham, Bangor e Stirling (Reino Unido) e Federal da Bahía (Brasil).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Xunta de Galicia, a través do artigo 7 apartado e) do Decreto 44/2006, do 2 de marzo (DOG nº 53, do 16 de marzo), de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística, como órgano superior da Administración autonómica en materia de promoción e ensino da lingua galega, a tarefa e a competencia de apoiar e coordinar o coñecemento e o uso do galego fóra do territorio lingüístico galego.

Neste sentido, e a través de convenios de colaboración subscritos con universidades de fóra de Galicia interesadas en incluír nos seus plans de estudo o ensino da lingua, a literatura e a cultura galegas, créanse os centros de estudos galegos como órganos de referencia nestas universidades, a través dos que se canalizan as actividades promotoras da nosa lingua, no só neste ámbito académico senón tamén na súa área de influencia.

A maioría dos centros de estudos galegos refórzanse coa presenza dun profesor/a bolseiro sobre o que recae a responsabilidade da docencia, da investigación e da promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. Os importes das bolsas establécense expresamente nos convenios de colaboración, imputándose o gasto ás aplicacións orzamentarias 04.60.353E.741.0 e 04.60.353E.790.0, cando as entidades pagadoras sexan as universidades de destino, ou 04.60.353E.780.2, cando o sexa a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Non obstante, as universidades de destino carecen de persoal cualificado para levar a cabo estas actividades e, polo tanto, faise preciso convocar un concurso público de méritos para seleccionar profesores/as bolseiros que completen a súa formación nestas institucións de ensino superior.

En consecuencia, de acordo co establecido na disposición adicional letra c) do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, e logo de informe da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización

da Lingua Galega, tal e como se establece no artigo 2 alínea f) do Decreto 58/2006, do 30 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Convócase concurso público de méritos para seleccionar profesores/as bolseiros de lingua, literatura e cultura galegas para as seguintes universidades:

-España: Complutense de Madrid, Barcelona (Central) e País Vasco.

-Italia: Padua.

-Alemaña: Trier.

-Francia: Sorbonne Nouvelle París III.

-Reino Unido: Birmingham, Bangor e Stirling.

-Brasil: Federal da Bahía.

Artigo 2º Requisitos.
  1. Poderán participar neste concurso as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    -Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.

    -Ser licenciado en filoloxía galega; en filoloxía hispánica, na subsección de galego-portugués ou en filoloxía románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.

    -Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das funcións propias do profesor/a bolseiro.

  2. Quedan excluídas aquelas persoas que, reunindo estes requisitos, estean a exercer ou exerceran como profesores bolseiros de lingua, literatura e cultura galegas e que obtiveron a súa praza en convocatorias públicas anteriores.

Artigo 3º Duración.
  1. As persoas seleccionadas serán nomeadas para unha primeira estadía que abranguerá o curso académico 2006/2007, en Europa, e 2007, en Brasil. Este período inicial poderase ir renovando sucesivamente por cursos académicos, ata completar unha estadía máxima total de tres cursos, sempre que esta circunstancia non contraveña a normativa propia da universidade de destino. Para o computo do período máximo de permanencia como profesor/a bolseiro non se terán en conta os nomeamentos provisionais derivados de substitucións.

  2. Mediante resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, procederase a renovar automaticamente a estadía do profesor/a bolseiro, agás informe negativo previo, debidamente motivado, do responsable do Centro de Estudos Galegos da universidade de destino e/ou da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  3. Os nomeamentos faranse efectivos de acordo coas seguintes datas:

-1-10-2006, para as persoas seleccionadas con destino nas seguintes universidades: Complutense de Madrid, Barcelona (Central), País Vasco, Sor

bonne Nouvelle París III, Padua, Trier, Birmingham, Bangor e Stirling.

-1-2-2007, para a persoa seleccionada con destino na seguinte universidade: Federal da Bahía.

Artigo 4º Actividade.
  1. O profesor/a bolseiro, baixo a dirección do responsable do Centro de Estudos Galegos e en coordinación con este, encargarase de impartir docencia daquelas materias relacionadas coa potenciación da lingua que se concreten no convenio de colaboración que se asine coa correspondente universidade e da programación e organización das actividades de investigación, difusión e promoción da lingua, da literatura e da cultura...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR