Resolución do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Electrodomésticos, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía incidiu de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética se están a desenvolver na actualidade.

O Instituto Enerxético de Galicia contén xa na súa lei de creación, Lei 3/1999, do 11 de marzo, unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada a través do impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

En consonancia con todo isto, o Consello de Ministros, con data do 20 de xullo de 2007, aprobou un Plan de acción para o período 2008-2012, para o desenvolvemento da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2004-2012 (PAE4+), cumprindo así cos compromisos internacionais na materia.

Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) deseñaron mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que faciliten a articulación das medidas en todo o territorio estatal, tendo en consideración, ademais, as necesidades e os obxectivos de cada comunidade en razón ás súas propias peculiaridades e ao seu ámbito competencial. Neste senso, asinouse entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, con data do 3 de xullo de 2008, o convenio de colaboración para a execución das actuacións de aforro e eficiencia enerxética establecidas no marco do Plan de acción 2008-2012 da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética (PAE4+).

No caso de Galicia e para o ano 2010, e segundo se establece no plan de traballo aprobado con data do 30 de abril de 2010, a cantidade asignada para esta actuación cífrase en 3.100 000 €.

Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera de máximo interese potenciar as actuacións de renovación de elementos domésticos que supoñan un aforro enerxético significativo en Galicia.

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior segundo o establecido no artigo 3, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2010.

Artigo 2º Réxime das subvencións.
  1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007; do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

  2. As subvencións reguladas nesta resolución impútanse á conta contable 6565012, cun orzamento de 3.100.000 €, e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de acción 2008-2012 (PAE4+) da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España.

  3. As axudas reguladas nesta resolución, agás aquelas cuxos beneficiarios sexan particulares, entidades e institucións sen ánimo de lucro que non poidan levar a cabo actividades económicas que repercutan en terceiros, atópanse sometidas aos requisitos e cos límites establecidos no Regulamento comunitario 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379, 28 de decembro de 2006), en virtude do cal a contía global de axudas de minimis non poderá superar o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada, este límite debería fixarse en 100.000 €. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2º do citado regulamento.

Artigo 3º Actuacións e gastos subvencionables e contía das axudas.
  1. O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da substitución dos equipamentos de baixa eficiencia por equipamentos de alta eficiencia que se especifican:

    Ver referencia pdf "13100D010P047.PDF"

    Tamén será subvencionable a substitución de placas eléctricas e vitrocerámicas convencionais por placas de indución ou de gas.

    Como máximo subvencionarase por cada beneficiario a substitución dun único electrodoméstico de cada un dos equipamentos incluídos no punto 1 deste artigo.

    En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico.

    Os equipos que se instalen deberán estar incluídos na lista do Plan Renove de Electrodomésticos. Esta lista poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es)

  2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

    Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro da vixencia do Plan Renove de Electrodomésticos.

    En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

    O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do equipamento.

  3. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á compra de electrodomésticos que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan Renove de Electrodomésticos.

Artigo 4º Concorrencia con outras axudas.
  1. O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable. En todo caso haberán de respectarse as condicións establecidas para cada réxime de axudas na normativa que resulte de aplicación.

  2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan pronto como o interesado teña coñecemento e, en todo caso, con anterioridade á xustificación do investimento realizado.

  3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos nos artigos 18 e 19 destas bases reguladoras.

Artigo 5º Vixencia do plan.
  1. O plan principia a súa vixencia ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de outubro de 2011 ou ata que se esgoten os fondos correspondentes.

Artigo 6º Financiamento.

A cantidade máxima destinada para esta convocatoria de axudas ascende a 3.100.000 euros. Eventualmente esta cantidade poderá incrementarse como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria co fin de atender todas as solicitudes, e con partidas sobrantes da xestión do convenio marco de colaboración entre o Inega e o IDAE, para a definición e posta en práctica das actuacións previstas no Plan de acción 2008-2012, (PAE4+) da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España. De producirse esta ampliación de fondos unha vez esgotado o orzamento inicial, reabrirase o prazo de presentación das solicitudes, informando as entidades colaboradoras adheridas mediante o correo electrónico de contacto, unha nota de prensa na páxina web www.inega.es, dunha mensaxe no taboleiro da aplicación informática da xestión do plan, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º Entidades colaboradoras.

Para os...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR