Decreto 321/2003, do 18 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2004 na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito nacional, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas das festas de ámbito nacional, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias.

Facendo uso destas facultades, na nosa Comunidade Autónoma e para o ano 2004, faise a opción e substitucións seguintes:

  1. Substituí-lo descanso laboral do 25 de xullo, Santiago Apóstolo, Día Nacional de Galicia, ó coincidir en domingo, polo 19 de marzo, San Xosé.

  2. Substituí-lo descanso laboral do 15 de agosto, Asunción da Virxe, ó coincidir en domingo, polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Deste xeito, séguese o criterio de manter unha certa estabilidade na determinación das festas laborais para conmemorar todo o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura, aproveitando as posibilidades que permite o calendario anual, que en 2004 fai que coincidan en domingo outras festividades celebradas en anos anteriores.

En virtude do establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios á Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, oído o Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non producirse modificación no calendario laboral de carácter nacional, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.-6 de xaneiro: Epifanía do Señor.-19 de marzo: San Xosé.-8 de abril: Xoves Santo.-9 de abril: Venres...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR