Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A Constitución española, no seu artigo 45, recoñece o dereito dos españois a desfrutar dun medio axeitado para o desenvolvemento das persoas, así como o deber de conservalo e de velar polo emprego racional de todos os recursos naturais, deber que deben respectar tanto os cidadáns como os poderes públicos co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio, apoiándose para iso na indispensable solidariedade colectiva.

Dando cumprimento ao mandato constitucional, o 5 de agosto de 1992 publicábase no Diario Oficial de Galicia a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, que, segundo recolle na súa exposición de motivos, contempla os diversos aproveitamentos dos que poden ser obxecto as augas, compatibilizando os usos, sistemas de explotación e posibles concesións dos que poidan ser obxecto, destacando principalmente a innovación de incluír no seu articulado a figura das concesións que tentan estimular unha nova forma de riqueza.

Co obxectivo de garantir unha efectiva protección dos ecosistemas fluviais, compatible cos diversos usos dos recursos hídricos e respectuoso coas competencias doutras administracións, a Lei de pesca fluvial introduce conceptos coma o caudal ecolóxico, a alteración da condición natural das augas, os dispositivos de interdición da fauna ou as masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola.

Coa finalidade de afondar naquelas cuestións nas que a lei tan só introduce criterios xerais, apróbase o Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Transcorridos máis de seis anos desde a publicación do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, constátase a necesidade de reforzar, no proceso de explotacións dos aproveitamentos hidráulicos, as medidas xa existentes en termos de seguridade, na constante procura dunhas taxas de variación de caudais compatibles coa seguridade dos cidadáns e co seu dereito ao desfrute do medio.

Partindo do anterior, procédese a concretar a localización dos carteis permanentes de aviso, así como a existencia de regretas fixas na canle do río que sinalen os niveis de vadeo seguro, transición cara á zona de perigo e zona de perigo. Prohíbese nesta última o exercicio da pesca ou calquera outra actividade, sen autorización expresa, nas zonas emerxidas da canle do río sen conexión permanente coas marxes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR