Decreto 150/2008, do 3 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, completando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, tendo a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza asignadas as competencias nesta materia, en virtude do Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da citada consellería.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 16, en relación co 18, que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen mais límites que os establecidos polo ordenamento xurídico.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, creado mediante Decreto 237/2003, do 27 de marzo, por segregación do Colexio Oficial de Biólogos, acordou, en asemblea xeral realizadao día 28 de marzo de 2008, a aprobación dos seus estatutos, adaptados á Lei 11/2001, do 18 de setembro. Estes estatutos foron comunicados á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da súa cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, e en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xullo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Apróbanse, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derradeira.

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

CAPÍTULO I

Da natureza, fins e funcións do colexio

Artigo 1º Natureza xurídica e denominación.
  1. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia é unha corporación de dereito público que se constitúe baixo o amparo do artigo 36 da Constitución española; da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de colexios profesionais, modificada pola Lei 74/1978, do 26 de decembro e pola Lei 7/1997, do 14 de abril, sobre medidas liberalizadoras do solo e colexios profesionais; o Estatuto de autonomía de Galicia e a súa Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Real decreto 1679/2000, do 2 de outubro, polo que se acorda a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos, e finalmente polo Decreto 237/2003, do 27 de marzo, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia con estrutura interna democrática, independente da Administración, da cal non forma parte, sen prexuízo das relacións de dereito público que con ela legalmente lle correspondan.

  2. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia ten personalidade xurídica propia, plena capacidade para o cumprimento dos seus fins e goza de plena autonomía no marco da normativa de aplicación.

Artigo 2º Ámbito territorial.

O seu ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter de colexio profesional único.

Artigo 3º Domicilio.
  1. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia terá a súa sede central en Santiago de Compostela, con domicilio na rúa García Prieto, 58-1º A.

  2. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia poderá establecer oficinas noutras cidades, dentro do ámbito territorial indicado, conforme o previsto no capítulo VI destes estatutos.

Artigo 4º Relacións externas.

Sen prexuízo doutras relacións, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia relacionarase especialmente:

  1. Coa Administración autonómica no relativo ás materias corporativas institucionais, a través do departamento correspondente.

  2. Coa Administración local, a través dos entes que formen parte desta.

  3. No ámbito territorial da Administración do Estado relacionarase a través do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Biólogos, sen prexuízo de facelo directamente cando se trate de asuntos específicos das materias colexiais que afecten a profesión na Comunidade Autónoma de Galicia. O mesmo sucederá cando se trate das relacións do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia con entidades estranxeiras, organismos internacionais e outros colexios profesionais.

Artigo 5º Fins.
  1. Son fins esenciais e fundamentais do colexio:

    1.1. Ordenar e vixiar, de acordo co establecido polas leis, o exercicio da profesión de biólogo en todas as súas formas e especialidades.

    1.2. Representar de maneira exclusiva no territorio da nosa comunidade autónoma os intereses xerais da profesión, especialmente nas súas relacións coa Administración, e defender os dereitos e intereses profesionais dos colexiados, sen prexuízo das competencias das administracións públicas por razón da relación funcionarial, nin das organizacións sindicais e patronais no ámbito específico das súas funcións.

    1.3. Promoción, salvagarda e observancia dos principios deontolóxicos e éticos da profesión de biólogo e da súa dignidade e prestixio.

    1.4. Promocionar e fomentar o progreso da bioloxía, o desenvolvemento científico e técnico da profesión, así como a solidariedade profesional e o servizo da profesión á sociedade.

    1.5. Velar porque a actividade profesional se adecúe aos intereses dos cidadáns.

    1.6. Colaborar cos poderes públicos na consecución dos dereitos individuais e colectivos recoñecidos pola Constitución.

    1.7. Informar sobre todas as normas elaboradas pola Comunidade Autónoma de Galicia no referente ás condicións xerais do exercicio da profesión e sobre as funcións, os seus ámbitos, sobre honorarios orientativos, posibles tarifas ou aranceis, e o réxime de incompatibilidades da profesión de biólogo.

  2. O cumprimento dos devanditos fins desenvolverase no ámbito estritamente profesional e quedarán excluídas aquelas actividades que a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia lles atribúen especificamente aos partidos políticos, aos sindicatos e a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR