Decreto 328/2003, do 18 de xullo, polo que se cede o uso, a título gratuíto, do edificio San Paio, situado na rúa Colón, 2, no termo municipal de Tui, a favor do Concello de Tui (Pontevedra).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data 30 de maio de 2003, o Concello de Tui solicitou a cesión do uso do edificio San Paio, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, que figura no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da

Comunidade Autónoma, co código P0077, como ben patrimonial.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Tui do dereito de uso do edificio San Paio, situado na rúa Colón, 2, no termo municipal de Tui (Pontevedra), construído sobre unha parcela de 4.442 m, que, na actualidade, consta de plantas soto, baixa e primeira, cunha ocupación de 2.490 m e unha superficie construída de 6.267 m, e está distribuído nun auditorio que ocupa as tres alturas, ademais de salas de exposicións nas plantas baixa e primeira e unha zona de oficinas na planta primeira.

O inmoble linda: á dereita entrando ou leste, Travesía da Feira e rúa Ourense; á fronte ou sur, rúa Colón; ó fondo ou norte, parcela segregada (hoxe do Concello de Tui); e a esquerda ou oeste, herdeiros de Jesús Crespo Filgueira, José Fernández González e Mercado municipal do Concello de Tui.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 321, libro 81, folio 76 do predio 6.317, inscrición 4ª.

Artigo 2º

A cesión de uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a dedicación a servicios municipais de biblioteca, salas de exposición, teatro e radio municipal.

  2. A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

  3. Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo dun ano, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR