DECRETO 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída, segundo o teor do artigo 27.21º do Estatuto de autonomía, a competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade e, por tanto, a potestade de regular o sector turístico no seu ámbito territorial.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, no seu artigo 7 crea e define o Consello do Turismo de Galicia como un órgano de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo de Galicia. O número 4 do citado artigo 7 establece que será obxecto de desenvolvemento regulamentario o réxime de elección dos seus membros, a organización e o funcionamento interno deste.

De acordo co disposto na citada lei, este decreto ten por obxecto regulamentar a composición, organización e funcionamento do Consello do Turismo de Galicia.

O Consello do Turismo de Galicia concíbese como un foro participativo dos axentes públicos e privados que desenvolven o seu traballo diario no eido do turismo ou en materias de clara incidencia neste sector, clave para a economía galega.

A Administración autonómica turística é consciente da necesidade de crear sinerxías que contribúan a establecer políticas de acción colaborativas, especialmente entre os organismos da Xunta de Galicia, pero, fundamentalmente, coas asociacións empresariais do sector, buscando unha representación ampla que involucre todos os subsectores do turismo de Galicia con maior representatividade da empresa privada, xa que son os verdadeiros actores do desenvolvemento turístico de Galicia.

Este decreto consta de 13 artigos, unha disposición adicional, tres disposicións derrogatorias e tres disposicións derradeiras.

Neste Consello tamén se prevé a representación das entidades locais, pois as políticas de desenvolvemento local teñen unha repercusión crucial nas posibilidades de crecemento da oferta turística galega e da imaxe turística do destino. Non se esquece o labor académico e docente das universidades galegas a favor do turismo e a súa participación na formación de novos/as profesionais que axuden a mellorar a competitividade das nosas empresas.

Finalmente, pero non menos importante, é a participación tanto das organizacións sindicais como das persoas consumidoras e usuarias que representan o traballo dun amplo colectivo de profesionais e os/as destinatarios/as do esforzo de todos/as respectivamente.

Por todo isto é polo que, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do cinco de xullo de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1 Natureza
  1. O Consello do Turismo de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de turismo, é un órgano colexiado de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo de Galicia.

Artigo 2 Obxecto

O obxecto do presente decreto é regular a composición, organización e funcionamento interno do Consello do Turismo de Galicia, así como o réxime de elección dos seus/súas membros.

Artigo 3 Composición do Consello do Turismo de Galicia e réxime de elección dos/as seus/súas membros
  1. O Consello do Turismo de Galicia terá a seguinte composición:

    1. Presidente/a: a persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo.

    2. Vicepresidente/a: a persoa titular dun órgano superior ou de dirección da consellería con competencias en materia de Presidencia e Administracións Públicas, proposto/a pola persoa titular desta.

    3. Vogais:

    1. Un/unha representante proposto/a pola persoa titular de cada...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR