Decreto 150/2007, do 5 de xullo, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Sección:III. Outras Disposicións
Emisor:CONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de Lei:Decreto
 
INDEX
FREE EXCERPT

O Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, establece no seu anexo IX que, conforme o previsto no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, no artigo 2.7º deste real decreto e demais disposicións que resulten de aplicación, os servizos públicos de saúde reclamaranlles aos terceiros obrigados ao pagamento o importe das atencións ou prestacións sanitarias facilitadas directamente ás persoas, incluído o transporte sanitario, a atención de urxencia, a atención especializada, a atención primaria, a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, as prestacións con produtos dietéticos e a rehabilitación, nos seguintes supostos:

  1. Asegurados ou beneficiarios do sistema de Seguridade Social pertencentes á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Mutualidade Xeral Xudicial ou ao Instituto Social das Forzas Armadas, que non fosen adscritos, a través do procedemento establecido, a recibir asistencia sanitaria do sistema nacional de saúde.

  2. Asegurados ou beneficiarios de empresas colaboradoras na asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social, naquelas prestacións cuxa atención lle corresponda á empresa colaboradora conforme o convenio ou concerto subscrito.

  3. Accidentes de traballo ou enfermidades profesionais a cargo das mutuas de accidentes de traballo, do Instituto Nacional da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña.

  4. Seguros obrigatorios.

  5. Convenios ou concertos con outros organismos ou entidades.

  6. Cidadáns estranxeiros (nos supostos previstos).

  7. Outros obrigados ao pagamento:

a) Accidentes acaecidos con ocasión de eventos festivos, actividades recreativas e espectáculos públicos en caso de que se subscribise contrato de seguro de accidentes ou de responsabilidade civil que cubra as continxencias derivadas destas actividades.

b) Seguro escolar.

c) Calquera outro suposto en que, en virtude de normas legais ou regulamentarias, o importe das atencións ou prestacións sanitarias deba ser a cargo das entidades ou terceiros correspondentes.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo II, do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 47 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade oferente.

Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991 foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade aprobar os módulos económicos para a prestación de servizos propios, conveniados ou contratados do Servizo Galego de Saúde, así como a súa modificación.

En virtude do Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, os ingresos procedentes da prestación de servizos sanitarios por parte das fundacións teñen a consideración de ingresos de dereito público, polo que é necesario incluír os prezos dos servizos prestados polas fundacións públicas sanitarias neste decreto.

Faise necesario actualizar e ampliar o Decreto 116/2006, do 6 de xullo, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

É, pois, necesario regular a percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, por proposta da conselleira de Sanidade, co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. Apróbanse as tarifas que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI deste decreto, aplicables aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

    Para a liquidación das tarifas contidas no anexo IV consideraranse terceiros obrigados ao pagamento as compañías privadas de saúde naqueles supostos de transporte sanitario urxente de carácter vital cando o paciente, sexa ou non beneficiario da Seguridade Social, subscribise voluntariamente unha póliza con esa compañía, agás que nas condicións do contrato estivese expresamente excluído ese transporte.

    Nos supostos de terceiros obrigados ao pagamento, por tratarse de gastos non financiables con ingresos da Seguridade Social (artigo 83 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade), cando o paciente non facilite os datos do terceiro obrigado para a súa correcta facturación, o gasto asistencial será ao seu cargo.

    No suposto de accidentes producidos por vehículos sen seguro ou roubados, os gastos sanitarios ocasionados pola asistencia prestada ao condutor do vehículo e aos acompañantes que coñecían as circunstancias do roubo ou non aseguramento e o ocupaban voluntariamente, serán asumidos polo condutor e, de ser o caso, polos ocupantes do vehículo.

  2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables á asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (atención primaria e especializada) e nas fundacións públicas hospitalarias.

  3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos en que sexan de aplicación os convenios marco de asistencia sanitaria para o ano 2007 con institucións sanitarias públicas.

  4. As tarifas recollidas nos anexos III, IV, V e VI serán aplicables, respectivamente, pola Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servizo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 116/2006, do 6 de xullo, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase á conselleira de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Prezos de servizos sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario (en euros).

  1. Estadías.

    1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de 450,54.

    2. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servizo de reanimación, unidade de queimados, lesionados medulares, ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario facturarase por 973,10.

    3. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos: 199,76.

    4. Por estadía no hotel de pacientes: 96,09.

    5. Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).

      Cando o paciente ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación pola metade do valor dunha estadía completa.

    6. Na estadía están incluídas as prestacións de todos os servizos e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos, calquera outro material implantable (incluído mallas), así como aquel material de cirurxía laparoscópica dun só uso e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade como custo independente da estadía, recollidas na letra C deste decreto como servizos especiais.

    7. No suposto de estadías con permiso de fin de semana aplicaranse as mesmas tarifas dos puntos anteriores.

  2. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

    1. Por primeiras consultas ambulatorias: 149,14.

      Entenderase por primeira consulta ambulatoria aquela que inicia un proceso de consulta por ser un paciente novo para ese servizo ou GNA (grupo normalizado de agregación), por suceder a unha consulta de alta ou ter pasado máis de 18 meses sen programación desde a última consulta nese servizo ou GNA.

    2. Por revisións e sesións ambulatorias post-hospitalarias: 49,72.

      Entenderase por revisión aquela consulta que sucede a outra consulta non de alta dese paciente, nese mesmo servizo ou GNA polo mesmo proceso asistencial.

      Entenderase por sesión ambulatoria post-hospitalaria aquela consulta ambulatoria programada que sucede a un ingreso dese paciente no mesmo servizo ou GNA ou a unha atención en urxencias polo mesmo proceso asistencial e polo mesmo GNA.

    3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

      3.1 Cirurxía maior ambulatoria:

      Proceso asistencial en que se inclúe a realización dun procedemento dos recollidos neste punto, así como un máximo de...

To continue reading

REQUEST YOUR TRIAL