Decreto 310/2003, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, autoriza a Xunta de Galicia a constituír unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, participada integramente pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., coa finalidade de construír e, se é o caso, explota-las obras da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, treito: Alto de Santo Domingo-A 52 (Ourense).

Neste sentido, polo Decreto 254/2003, do 24 de abril, creouse a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., aprobándose, ó mesmo tempo, os estatutos sociais.

As actuacións que realizará a citada sociedade pública, en relación coa construcción, conservación e explotación da autoestrada Santiago de Compos

tela-Ourense, tramo Alto de Santo Domingo-A 52, aconsellan modifica-la súa denominación co fin de concretar con maior precisión a súa relación coa Administración autonómica.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como no artigo 111 do regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e co artigo 25 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, de acordo igualmente co Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase a denominación da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., que pasará a denominarse Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.

Artigo 2º

Os artigos 1, 2 e 3 dos estatutos da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., aprobados polo Decreto 254/2003, do 24 de abril, quedan redactados nos seguintes termos:

Artigo 1º.-Denominación e normativa.

Coa denominación Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., constitúese, ó abeiro da disposición adicional sétima da Lei de orzamentos xerais da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR