Decreto 151/2004, do 1 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Ourense, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de camiño veciñal 5 Beariz-Portela da Cruz, 99/PB/2002 (concello de Beariz).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día vinte e seis de marzo de dous mil catro, aprobou o proxecto de camiño veciñal 5 Beariz-Portela da Cruz, nº 99/PB/2002 e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezaseis de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, ao longo dos últimos anos fóronse acondicionando diferentes treitos desta estrada, consistindo as melloras no alargamento da plataforma e o despexe das curvas, producíndose no tramo no que se pretende realizar a actuación un esganamento certamente perigoso para o tránsito rodado e mesmo para os viandantes, que verán como de súpeto cambian as condicións xeométricas con evidente risco para a súa seguridade persoal.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR