Resolución do 15 de xuño de 2009 pola que se convoca concurso de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.
Sección | IV. Oposicións e Concursos |
Emisor | UNIVERSIDADE DE VIGO |
Rango de Ley | Resolución |
De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de uiversidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en adiante RDCA), e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 421/2003, do 13 de novembro (BOE do 14 de xaneiro de 2004) da Xunta de Galicia,
Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a praza que figura no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria
Primeira.-Normas xerais.
Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), os estatutos da Universidade de Vigo pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008 e, no non previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.
Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.
2.1. Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:
-
Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.
Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.
Igualmente poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.
-
Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.
-
Estar acreditado para o corpo docente universitario de que se trate, cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA e non estar incursos na prohibición do punto 4º do artigo 9, do mesmo RDCA.
-
Ter aboado as taxas por dereitos de exame.
-
Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
-
Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.
Terceira.-Solicitudes.
3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.
3.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral (reitoría, campus universitario, 36310-Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86 de Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de exame serán de 36 euros e ingresaranse na conta corrente nº 2091-0501-64-3110000201, Caixa Galicia, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria na cal deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos do/a interesado/a, referencia, corpo e área da praza á que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.
Os dereitos de exame serán reintegrados de...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba