Decreto 318/2003, do 26 de xuño, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, reguladora do sistema de servicios sociais na Comunidade Autónoma galega define, no artigo 11, os servicios sociais de atención especializada como os dirixidos ós sectores da poboación con problemáticas definidas que non se poden resolver desde os servicios sociais de atención primaria. No artigo 13 define como servicios sociais de atención especializada na área de actuación da minusvalidez aqueles que procuran o tratamento, a rehabilitación e maila integración social dos discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais, e cantas medidas sexan favorecedoras da súa autonomía persoal e integración social. No artigo 14º, establece como servicios sociais de atención especializada para a vellez aqueles orientados á consecución do maior nivel de benestar posible á terceira idade, así como acada-la súa autonomía e integración social, e establece como programa propio destes servicios o de acollemento familiar.

No marco da mencionada normativa publicouse o Decreto 225/1994, do 7 de xullo, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e minusválidos, modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño, e que viñan substituí-lo Decreto 361/1991, do 17 de outubro.

Pola súa banda, o Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006, documento que establece o marco no que se conteñen as principais medidas da política de protección das persoas maiores desenvolverá neste período a Administración autonómica, sinala, como unha das súas estratexias básicas, a aposta por envellecer na casa, sendo a extensión do programa de acollemento familiar un piar imprescindible para acadar este obxectivo, dada a filosofía que o informa.

A nova estructura da Xunta de Galicia recollida no Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, crea a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, que é o órgano ó que lle compete levar a cabo a política en materia de servicios sociais, segundo o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Neste contexto faise necesaria a elaboración dunha nova normativa reguladora do programa de acollemento familiar de xeito que se dea unha resposta adecuada ás necesidades e demandas sociais, tanto das persoas maiores como discapacitadas, residentes na nosa comunidade autónoma e, ó mesmo tempo, trátase de conseguir unha maior seguridade xurídica e claridade normativa que non sería posible se o réxime xurídico deste programa resultase de disposicións normativas dispersas.

Esta nova regulación pretende flexibiliza-los requisitos dos beneficiarios, tanto acolledores como acollidos, de xeito que o programa poida beneficiar a todas aquelas persoas que desexen integrarse nel, mantendo a filosofía que establecía a normativa anterior, como medio para proporcionar ás persoas maiores e discapacitadas un ambiente de convivencia familiar, preferentemente no seu contorno habitual e procurando unha atención máis personalizada e participativa e, ó mesmo tempo, garanti-lo principio de contradicción na protección dos dereitos dos acollidos evitando que poida coincidir na mesma persoa a condición de acolledor e a de titor legal.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia do cinco de xuño de dous mil tres e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteseis de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Do obxecto e finalidade

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto deste decreto é a regulación do programa de acollemento familiar dirixido a persoas maiores e persoas con discapacidade

Artigo 2º Definición.

O programa de acollemento familiar pretende facilita-la integración de persoas maiores e persoas con discapacidade no seo dunha familia que, ademais de proporcionarlle un ambiente e trato familiar, atenda as necesidades derivadas da súa avanzada idade e/ou dependencia. Este programa prevé a posibilidade de outorgamento de axudas individuais que sufraguen os custos ocasionados polo acollemento de persoas maiores de sesenta e cinco anos ou persoas con discapacidade e que cumpran os demais requisitos dispostos nos artigos seguintes.

Artigo 3º Finalidade.

A finalidade do programa é procura-lo mantemento do maior ou do discapacitado no seu medio social habitual, facilitando así a integración e evitando o internamento en institucións cando este non sexa adecuado ou desexado.

Capítulo II

Dos requisitos das persoas acollidas

e dos seus acolledores

Artigo 4º Requisitos dos acollidos.

Poderán ser beneficiarios das axudas individuais que integran o programa de acollemento familiar, regulado neste decreto, as persoas maiores e discapacitadas nas que concorran os seguintes requisitos:

  1. Comúns:

    1. Ser español ou cidadán dalgún dos estados membros da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. Non ter relación de parentesco en liña recta en ningún grao ou en liña colateral por consanguinidade ata o terceiro grao inclusive con ningún membro da unidade de acollida.

    No obstante o anterior, e no caso de que o acollido sexa unha persoa dependente, considerando como tales as que necesitan da axuda doutra persoa para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR