Resolución do 27 de xaneiro de 2006 pola que se aproba o modificado do proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do proxecto modificado e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Couto de San Sebastián. (Expediente IN661A 99/1-4).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído a pedimento de Fomensa Hispania, S.L. con enderezo para efectos de notificacións na praza do Cordón, nº 1, Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Couto de San Sebastián; resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 11 de outubro de 2000, Juan Luis Cort Gómez Tortosa, en nome e representación de Fomensa Hispania, S.L. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, e recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Couto de San Sebastián, de 29,9 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ao presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeiro do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ao presente expediente, en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais, Decreto 442, do 13 de setembro, de avaliación e impacto ambiental, e Decreto 205/1995, mediante Acordo do 24 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, publicada no BOP de Pontevedra do 4-12-2000 (corrección erros do 16-1-2001), no DOG do 19-12-2000 (corrección de erros do 6-2-2001), no BOE do 28-2-2001 e no taboleiro de anuncios dos concellos da Estrada e Silleda.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

  1. Ismael Iglesias Míguez e outros solicitan que a afección aos predios de cada un dos alegantes sexa en grao de expropiación e non simplemente en grao de servidume de paso ou voo, baseándose en que coa expropiación se obtería unha maior compensación económica, e en todo caso, os predios, de non ser expropiados, verían reducido considerablemente o seu valor.

  2. Gonzalo Constenla Bergueiro, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG no Concello da Estrada e Carme Fidalgo Colmeiro, concelleira do Concello de Silleda, manifestan a súa oposición á instalación do parque, con base en:

    -Instalación do proxecto nunha zona con restos arqueolóxicos e preto de zonas habitadas.

    -Existencia de zonas habitadas a menos de 500 m. do parque, onde a actividade gandeira e forestal podería verse afectada.

    -Impactos negativos de carácter visual, económico e acústico do parque, debido á presenza destas zonas habitadas.

    -Inexistencia de regulamentación específica sobre arqueoloxía, a aplicación das Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

    -Afectación do parque a 5 túmulos directamente e 10 indirectamente.

  3. José Maceira Caramés, presenta alegacións fóra do prazo establecido para iso, solicitando obter unha compensación económica pola ocupación temporal do seu predio.

  4. Ramón Campos Diéguez, Javier Fandiño García; Mª Luisa Moreira; José Iglesias Álvarez; Mª Consuelo Espiño González; Manuel Iglesias Míguez; Ramón Peréz Villar; Alsira Sánchez; Manuel Sánchez Arca; Eduardo Rozados; Josefina Ponze; Ramón Ramos González; Jesús Antonio Caramés Glez.; Luís Canicoba Bibián; Francisco Bibián; Regina Hella Lareo; Pedro Glez. Moreira; Gumersindo Glez. Glez.; Mª Dolores Pena Vidal; Santiago Campos Moreira;

    Manuel C. Pereiras; Manuel Somoza Villar; J. Campos Núñez; Manuel Iglesias Pérez; Antonio Pampín Conde; Manuel Grela de A Fuente; Eladio Lorenzo López; Josefa Rey Fraiz; José Mª Iglesias Sánchez; Antonio Campos; Mª Concepción Cabaleiro; Margarita Porto Espinosa, en nome e representación de Manuel Porto López, e Jesús Caramés, manifestan a súa oposición á instalación do parque eólico, con base en:

    -A súa desconformidade coas condicións que establece a empresa promotora.

    -O proxecto sectorial deberá cumprir a Lei...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR