Decreto 43/2005, do 4 de marzo, polo que se acorda a cesión do uso, a título gratuíto, do Centro de Granitos de Galicia, inmoble situado no lugar da Gándara, Torneiros e Cataboi, O Porriño (Pontevedra)

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 30.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, sinala que os bens patrimoniais inmobles da comunidade autónoma dos que non se xulgue previsible a súa afectación demanial ou aproveitamento pola propia Administración, poderán ser cedidos gratuitamente polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a favor de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro, que deberán destinalos a fins de utilidade pública ou de interese social.

A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito, entidade sen ánimo de lucro, solicitou a cesión do uso do inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia denominado Centro de Granitos de Galicia, para a súa dedicación aos fins que son propios desta fundación en apoio ao sector graniteiro de Galicia.

Mediante o Decreto 302/2004, do 2 de decembro (DOG nº 251 do 28 de decembro), desafectouse do dominio público o Centro de Granitos de Galicia; pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de decembro de 2004 (DOG nº 22, do 2 de febreiro) declarouse a alienabilidade do antedito inmoble.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito do dereito de uso do denominado Centro de Granitos de Galicia, xunto coas súas pertenzas afectas ao servizo, inmoble inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 861, libro 162, folio 103, predio nº 24.988, inscrición 2ª, descrito como segue:

Edificio nº 1 de planta rectangular composto de baixo de 800 m e andar primeiro de 375 m, aproximadamente, e edificio nº 2 tamén de planta rec

tangular composto de andar baixo de 250 m, aproximadamente, e semisoto de 230 m, asentadas ambas as dúas construcións sobre o seu soar de 6.103 m, no lugar da Gándara, Torneiros e Cataboi, O Porriño (Pontevedra), que linda o conxunto: norte, resto do predio matriz, hoxe dedicado a centro educativo; sur, camiño público, que separa do resto do predio matriz; leste, rúa da urbanización do Polígono de Torneiros; e oeste...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR