Decreto 69/2004, do 18 de marzo, polo que se acorda a cesión, a título gratuíto, a favor do Estado do inmoble situado na rúa Santiago, 19, no termo municipal de Ribadavia (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 30.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, sinala que os bens patrimoniais inmobles da Comunidade Autónoma de que non se xulgue previsible a súa afectación demanial ou aproveitamento pola Administración, poderán ser cedidos gratuitamente polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a favor de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro, que deberán destinalos a fins de utilidade pública ou de interese social.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte solicitou a cesión en propiedade do inmoble situado na rúa Santiago, número 19, no termo municipal de Ribadavia que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia co fin de rehabilitalo e dedicalo á ampliación do Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Mediante o Decreto 230/2003, do 11 de abril (DOG nº 81, do 28 de abril), o dito inmoble desafectouse do dominio público, e pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 1 de marzo de 2004 (DOG nº 53, do 16 de marzo), declarouse a súa alienabilidade.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de marzo dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión a título gratuíto a favor do Estado do inmoble situado na rúa Santiago número 19, no termo municipal de Ribadavia (Ourense), que consta de baixo e tres plantas altas, cun terreo adxacente e un patio. A edificación ocupa en planta 55,50 metros cadrados; o patio 37,50 metros cadrados e

o terreo adxacente 28,16 metros cadrados. Limita o inmoble no seu conxunto: ao norte e ao oeste, casa que foi de Jesús Pousa; ao sur, travesía de Santiago; e ao leste, rúa Santiago.

O dito inmoble figura no Inventario de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma Galega como ben patrimonial co código de centro O0601.

Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 518, libro 99, folio 157, predio 13733.

Referencia catastral: 0823208NG7802S0001PT.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O predio cedido dedicarase á ampliación do Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal.

  2. Se o ben cedido non se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR